Partido Popular de Lugo

Barreiro nomea a Ángel Martínez- Puga candidato do PP a alcaldía de Baleira

Lugo 24 de xaneiro de 2015.- O presidente do Partido Popular na provincia de Lugo, José Manuel Barreiro, deu a coñecer hoxe que o actual alcalde de Baleira, Ángel Martínez- Puga, encabezará a candidatura dos populares neste municipio de A Montaña lucense.

José Manuel Barreiro puxo en valor a xestión desenvolvida polo rexedor e candidato e sinalou que a pesar dun complicado contexto económico e social, por mor da crise económica, foi posible de acadar unha mellora efectiva da vila e da calidade de vida dos veciños, que sempre foron e deben seguir sendo a súa máxima prioridade.

Médico de profesión, Ángel Martínez- Puga, naceu o 17 de abril de 1959. Concorreu como número dous da candidatura do PP á alcaldía de Baleira nas eleccións municipais de 2011, foi elixido edil e nomeado primeiro tenente de Alcalde.

O candidato popular e actual alcalde comprometeuse a continuar na liña emprendida de traballar para defender os intereses e necesidades dos seus veciños e veciñas.

Aspira o popular a revalidar a maioría absoluta deste municipio no que exerce de rexedor dende xuño do ano 2013 logo do falecemento do seu antecesor, Francisco Acal Eirós.