Lugo 28 de outubro de 2014.- O presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, votou esta mañá en contra de cursar nos orzamentos de 2015 as peticións que lle trasladaron os veciños, asociacións e alcaldes durante as reunións celebradas nos nove partidos xudiciais.
En concreto, o Grupo Provincial do Partido Popular, a través dunha iniciativa plenaria, pedíalle ao socialista que nas contas do próximo ano habilitase as partidas orzamentarias suficientes para atender as peticións dos veciños, asociacións e alcaldes.
Coa aprobación desta iniciativa, o Grupo Provincial do Partido Popular pretendía que a intención de Besteiro de democratizar a institución se convertese nunha realidade. Porén, o voto en contra á moción popular demostra que os orzamentos participativos son para a Deputación “un paripé e unha campaña de propaganda”.