Partido Popular de Lugo

Os populares denuncian o malestar veciñal ante a falta de persoal para cubrir as baixas no Ximnasio e na Casa da Cultura

O presidente do Partido Popular do Valadouro, Jose Manuel Lamela, denunciou a falta de persoal no Ximnasio e na Casa da Cultura, instalacións que dependen do Concello do Valadouro, e que se atoparían sen o habitual monitor e o persoal administrativo, respectivamente.

Os populares din facerse eco de múltiples queixas recibidas dos veciños do concello que non poden facer uso destas instalacións para recibir os servizos habituais porque o Equipo de Goberno non contratou a ninguén para cubrir as baixas durante a época estival dos traballadores habituais.

O Grupo Popular pediu explicacións por este asunto no último pleno municipal que o alcalde intentou escusar na falta de diñeiro para contratar persoal de apoio, un argumento que non convence aos populares tendo en conta que hoxe mesmo sabemos que o Concello gastou máis de 1.500 euros na homenaxe a Miro Casabella.

Os populares consideran incongruente que o Concello alegue falta de diñeiro e despois despilfarre recursos económicos municipais nesta polémica homenaxe na que por certo, entre o centenar de asistentes tan só uns 20 eran veciños do pobo, incluídos familiares e os concelleiros do tripartito, feito que xustifica e reforza a posición do PP cando decidiu absterse na proposta para súa declaración como fillo predilecto.

Para o PP o alcalde e o equipo de goberno non só son incapaces de garantir o correcto funcionamento dos servizos municipais senon que tamén non son quen de establecer prioridades de gasto, entre as que sería prioritario cubrir a baixa por vacacións dos traballadores municipais do ximnasio e da Casa da Cultura, antes que un acto cultural de moi dubidosa repercusión e apoio entre os veciños