Partido Popular de Lugo

Macía: “Rábade, claro exemplo de que a Xunta vela polas necesidades de todos e obvia as cores políticas”

Rábade, 11 de xullo de 2014.- A voceira do PP de Rábade, María Luisa Macía, aplaudiu esta mañá que Rábade poida participar nun obradoiro de emprego malia a ser un Concello que non está gobernado polo Partido Popular.

Macía lembra que este taller foi concedido pola Xunta de Galicia para esta anualidade, quen investiu 180.000 euros para este fin e que supón “un claro exemplo de que o goberno galego vela polas necesidades de todos, independentemente a súa cor política”.

Comparou a popular o trato igualitario do executivo galego co sectarismo da Deputación de Lugo afirmando que mentres a Administración que goberna Núñez Feijoo atende aos intereses de todos, a de Besteiro tan so vela polos intereses dos que pertencen a súa cor política.

Así as cousas, María Luisa Macía manifestou que estes datos contrastan co reparto sectario e partidista que levou a cabo Gómez Besteiro, deixando fóra do plan provincial de emprego a todos os concellos da provincia gobernados polo PP, agás a un municipio e no que contratou tan só a oito veciños.

Destacou a popular que Begonte, Guitiriz, Xermade e Rábade desenvolverán, xuntos, un obradoiro de albanelería e instalacións de sistemas de enerxía solar térmica que permitirá que 20 persoas desempregadas teñan un posto de traballo.