Partido Popular de Lugo

Medela salienta que Chantada contará cun obradoiro de emprego concedido pola Xunta

Chantada, 11 de xullo de 2014.- O presidente do PP de Chantada, Javier Medela, salientou esta mañá que o municipio poida participar nun obradoiro de emprego malia a ser un concello non gobernado polo Partido Popular.

Javier Medela lembrou que este obradoiro foi concedido pola Xunta de Galicia, para esta anualidade, quen investiu 180.000 euros para este fin e que supón “un claro exemplo de que o goberno galego vela polas necesidades de todos, independentemente a súa cor política”.

Comparou o popular o trato igualitario do executivo galego co sectarismo da Deputación de Lugo quen so vela polos intereses dos que pertencen a súa cor política e como proba disto puxo de exemplo o plan provincial de emprego, un programa levado a cabo por Besteiro e que deixou fora a todos os concellos da provincia gobernados polo PP, agás Quiroga,  e no que contratou tan só a oito veciños.

Destacou o popular que Chantada e Carballedo desenvolverán, xuntos, un obradoiro de albanelería xardinería e axuda a domicilio, que permitirá a 20 parados lograr un posto de traballo.

Concluíu o presidente do PP neste concello da zona sur da provincia insistindo en que estes datos contrastan co reparto “sectario e partidista” efectuado polo bipartito da Deputación de Lugo, onde Besteiro deixou fóra do seu plan provincial de emprego a todos os concellos gobernados polo PP na provincia de Lugo, excepto a oito  veciños de Quiroga.