Partido Popular de Lugo

Juan Serrano insta ao bipartito provincial a que se preocupe das súas xestións que de Portomarín xa se ocupa él

Portomarín, 26 de febreiro de 2014.- O alcalde de Portomarín, Juan Serrano, denunciou hoxe o total descoñecemento por parte da Deputación de Lugo en termos culturais.

Neste senso, o rexedor instou ao Ente Provincial a que se preocupe polo seu Concello, posto que de Portomarín xa se ocupa él, máis cando o Organismo Provincial deu as costas a este Concello.

Serrano instou tamén a García Porto, como defensora da moción de patrimonio no pleno provincial de onte, a que se adique a traballar e deixe  tranquilo ao Concello de Portomarín.

O rexedor de Portomarín deu conta das xestións que se levaron a cabo para adquirir a Casa Sindical e manifestou que reuníu con representantes do anterior e actual Goberno do Estado, co Ministerio de Traballo, co anterior e actual subdelegado do Goberno, coa CEL e con sindicatos, “sempre na mesma liña”.

Neste senso, informou que o Concello vendeu unha vivenda e venderá outra para facerse e arranxar este Patrimonio, que ten un prezo de 179.984,47 euros e será na vindeira sesión plenaria municipal onde adquira a Casa Sindical. “Unha  decisión que tomei posto que a Deputación non quixo recibirme para darme as explicacións oportunas neste tema”.

Juan Serrano lembrou, que nun primeiro momento, concretamente, no ano 2009, o Ministerio de Traballo, valorou a casa sindical, en máis de 252.523 euros pero que nos anos 2013 e 2014, o valor pasou a ser de 179.984,47 euros”- afirmou Serrano, quen asegurou que este é o prezo polo que se acordou a compra do inmoble.