Partido Popular de Lugo

López Penabad lamenta que o alcalde faga propaganda coa situación de dificultade das familias do municipio

Ribadeo, 25 de febreiro de 2014.- O presidente do Partido Popular de Ribadeo, Jesús López Penabad, lamentou hoxe que o alcalde, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, faga propaganda coa situación de dificultade pola que están a pasar algunhas familias do municipio.

O dirixente popular censurou as declaracións efectuadas polo rexedor convertendo no que definiu como marketing político o obrigado apoio que desde os Servizos Sociais municipais se lles prestou a algúns veciños que non puideron facer fronte aos recibos da luz.

Os populares consideran que as axudas de emerxencia social que promove o Concello de Ribadeo en apoio das familias de dificultade son una actividade ordinaria e de obrigada realización polos Servizos Sociais e que facer delas unha “venta política” é unha actitude moi criticable e moralmente inaceptable.

REPECTAR A PRIVACIDADE E TRABALLAR CON DISCRECIÓN

O presidente dos populares esixe a rexedor respecto á privacidade dos veciños que fan uso das axudas de benestar, por canto un comportamento distinto podería ser contraproducente e algunha persoa necesitada de axuda non chegar a solicitar este apoio por non ver o seu caso mencionado polo alcalde nos medios de comunicación.

En segundo lugar López Penabad tamén pide que se deixe traballar con discreción aos profesionais dos Servizos Sociais que terán que outorgar as axudas que estimen oportunas, en función das necesidades que se presenten en cada momento e da situación económica das familias afectadas.

UN GOBERNO QUE ACTUA

En todo caso e, en relación coa dificultade de moitas familias para facer fronte ao incremento do recibo da luz, Jesús López Penabad lembrou que tanto o Goberno central como o Partido Popular no Parlamento de Galicia veñen de rexistrar diversas iniciativas para intentar corrixir esta situación.

“Por primeira vez un Goberno toma cartas no asunto. Anula a poxa eléctrica e modifica o procedemento de fixación de prezos para evitar que siga subindo a factura”- lembrou López Penabad- “Ademais no Parlamento galego fai días coñecíamos en voz do representante popular na nosa comarca, Jose Manuel Balseiro, que se rexistraba unha iniciativa para que se defina o concepto de consumidor eléctrico en situación de vulnerabilidade e, deste xeito, se establezan os apoios reforzados que, por riba da actuación dos Servizos Sociais, pode dárselle a estas persoas que non poden afrontar coa súa renda o incremento dos recibos por consumo de electricidade”