Lugo 25 de febreiro de 2014.- O Grupo Provincial do Partido Popular de Lugo apoiou esta mañá unha declaración institucional para que Lugo conte cunha estación intermodal “necesaria para a localidade”, e na que queda explícito o compromiso e apoio do Ministerio de Fomento, quen a través da súa responsable, Ana Pastor, garantiu que a capital lucense terá estación intermodal.
Polo tanto e deste xeito, os populares que xa manifestaron que non renunciarán á estación intermodal, apoiaron unha declaración “construtiva” na que queda de manifesto o compromiso de Fomento e que se desliga de oportunismos políticos.
Deste xeito, os populares opuxéronse a que se fixera unha utilización demagóxica das infraestruturas lucenses, e menos por parte dun partido político que deixou unha débeda de corenta mil millóns de euros no Ministerio de Fomento.