Rábade 24 de febreiro de 2014.- A presidenta e voceira do PP de Rábade, María Luisa Macía, presentou esta mañá no Concello, informes xurídicos que respaldan as denuncias que os populares veñen facendo dende fai tempo e que ratifican que o rexedor de Rábade está a vulnerar os dereitos constitucionais.
Nunha rolda de prensa, a popular lembrou que a agrupación local ven denunciando dende fai tempo que o rexedor de Rábade establece uns criterios para a consulta dos libros de rexistro de entrada- saída que entorpece a labor dos populares, limitándoa a unha vez ao ano, temporalidade que non manifiesta a lexislación.
Afirmou María Luisa Macía que ditos informes manifestan que a limitación imposta polo rexedor é inconstitucional xa que vulnera tanto o núcleo esencial do dereito constitucional de participación nos asuntos públicos do edil como dos propios mandantes titulares do dereito de sufraxio activo (poboación municipal).
A presidenta e voceira dos populares de Rábade deu conta do que revelan os informes e asegurou que “non existe documentación no Concello cuxo acceso se nos poida denegar posto que acreditamos un interese lexítimo en coñecelos e encádrase en antecendentes, datos e informacións en poder dos servizos e precisos para o desenvolvemento da nosa función”.
A popular afirmou que como regra xeral debe autorizarse o acceso á información ao edil e documentación que sexa necesaria para desenvolver a súa función de control e concluíu manifestando que a denegación do acceso a documentación informativa ten que facerse a través dunha resolución ou acordo motivado e esta negativa inxustificada pode constituir un feito delictivo e lembrou, que de feito, existe unha Sentenza do Tribunal Supremo do ano 1996 que declarou a un rexedor como responsable dun delito contra o exercicio de dereitos cívicos recoñecidos pola Lei.