Partido Popular de Lugo

O PP de A Pastoriza levou a cabo tódalas xestións necesarias para a construcción dunha fábrica de pienso

A Pastoriza, 21 de xaneiro de 2014. O municipio chairego de A Pastoriza contará cunha fábrica de pienso nun corto período de tempo. Así o anunciou esta mañá o voceiro dos populares neste Concello, José Yáñez, quen afirmou, que a construcción desta infraestructura é froito do bo traballo e da boa xestión.

Yáñez anunciou que será a empresa Granja San Lorenzo S.C a propietaria desta fábrica, que se construirá no polígono industrial do Concello.

O popular deu conta que dita infraestructura foi escriturada na mañá de hoxe e, se todo vai ben, en breves momentos comezarán as obras.

O voceiro dos populares lembrou que A Pastoriza é, por excelencia, un municipio que se caracteriza principalmente pola agricultura e gandeiría polo que a construcción dun fábrica de pienso é algo necesario.

O popular indicou que a construcción e a posta en marcha desta fábrica dará lugar á creación de postos de traballo, algo moi importante, sobre todo, na época na que nos atopamos.