Partido Popular de Lugo

Barreiro mantivo esta mañá a primeira xuntanza cos nove Deputados Autonómicos para estudar a estructura de traballo

Lugo, 22 de novembro de 2012.- O presidente do Partido Popular de Lugo, José Manuel Barreiro, mantivo esta mañá unha xuntanza cos nove Deputados Autonómicos para perfilar o esquema de traballo.

O Presidente Provincial na reunión cos nove Deputados Autonómicos

O Presidente Provincial na reunión cos nove Deputados Autonómicos

Barreiro afirmou que a de hoxe, é unha continuidade do que o PP de Lugo ven facendo dende sempre, xa que periódicamente, os populares manteñen sendas reunións con distintos representantes da provincia (parlamento, congreso, senado…). Tendo en conta que o pasado venres tomaron posesión os nove deputados, o Presidente Provincial quixo manter, xa, un encontro cos mesmos para planificar a estructura de traballo.

O Presidente Provincial lembrou que os lucenses contan cun grupo de traballo formado por nove deputados cuxo obxectivo principal é traballar polos seus problemas e por facer posible as súas necesidades

“Facelo desde esa posición de grupo que apoia o goberno, ao Presidente Alberto Núñez Feijóo pero comprometidos polos problemas da provincia e tratar de solventalos”-manifestou Barreiro.

Adiantou o líder dos populares lucenses, que unha vez conformado o novo goberno da Xunta de Galicia e a estructura das comisións levarase a cabo unha estructura máis detallada.

Nesta primeira xuntanza Barreiro afirmou que neste momento no que estamos a vivir é necesario que dende a política se aborden solucións e non perderse en problemas internos, algo que non ocurre no Partido Popular, manifestou.

Concluíu o Presidente do PP de Lugo asegurando que hai un grupo sólido, maioritario, comprometido que coñece os problemas dos lucenses e mostrouse convencido que vai a traballar para solventalos.