Partido Popular de Lugo

Barreiro e López Abella: “ O vindeiro 21 de outubro temos dúas opcións: votar aos que nos trouxeron a esta crise ou votar a quenes traballan para sacarnos dela”

Monterroso, 11-10-12.- O Presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro e a candidata Susana López Abella repartiron esta mañá en Monterroso dípticos informativos do programa electoral.

No trascurso do reparto, os populares pediron o voto para Alberto Núñez Feijóo, a quen definiron coma o líder da solvencia, responsabilidade e rigurosidade.

“Outra proba dun Alberto Núñez Feijóo realista volveuse a ver onte, no debate co candidato nacionalista. Os cidadáns poidemos ver a un líder cos pes na terra, que defende unha notable xestión nunha lexislatura marcada pola crise; a un candidato que non vende fume nin proxectos irrealizables, senon que aposta por un estado do benestar e garantir os servizos públicos gracias a unhas contas saneadas e que se destinan ao importante y non a pagar intereses de débeda”- manifestaron.

Os populares, quenes levan alertando dende fai tempo do perigo que suporía un goberno “bipartito ou pentapartito” para Galicia, instaron aos cidadáns a acudir o vindeiro 21 de outubro as urnas manifestando o voto para o líder creíble, con programa, con ideas e serio, sendo este Alberto Núñez  Feijóo. Di o PP que no debate de onte tamén quedou patente o nefasto que sería un goberno en coalición.

“Jorquera caeu de novo no fraude do debate nulo do martes. Manifestou que de reeditarse o bipartito, non sería nos termos do que fracasou a pasada lexislatura. Pero non foi capaz de explicar cales serían as novas condicións nin detallou os erros cometidos. Quizáis porque sabe que case a metade dos galegos non quere que se repita esa alianza”- manifestaron Barreiro e López Abella.

Concluíron os populares pedindo o voto para Alberto Núñez Feijóo, o candidato que loita para sacar a Galicia da crise económica que outros trouxeron.