Os candidatos José Manuel Balseiro e Susana López Abella mostraron prudencia sobre o triunfo dos debates televisivos e os resultados positivos que dan as enquisas con respecto a Alberto Núñez Feijóo.
Nun mitin en Xermade os populares aseguraron que non chega con estes datos senón que os verdadeiros resultados veranse o vindeiro domingo 21 de outubro, de ahí que instaran aos asistentes a acudir este día as urnas e votar por Alberto Núñez Feijóo.
“O día 21 temos dúas opcións: votar a boa xestión, rigurosidade e solvencia, ou votar, a irresponsabilidade e a falta de rigor”- manifestaron.
Concluíron Balseiro e López Abella manifestando que gracias ao bo traballo de Alberto Núñez Feijóo, Galicia non precisa axuda de ninguén para cumplir cos seus pagos; ten as súas contas públicas saneadas e paga os menores intereses posibles pola súa débeda.