Partido Popular de Lugo

Mentras os Socialistas protestan polos seus propios erros, os populares traballan para solucionar a herdanza envelana que deixaron

A PASTORIZA, 5 de Outubro de 2012.- O Partido Popular de Lugo desenvolveu na tarde de hoxe na Pastoriza un foro rural que contou coa presenza de Rosa Quintana e José Manuel Balseiro, entre outros dirixentes populares, ademais dun importante número de profesionais do medio rural.

No marco do mesmo os populares lucenses falaron especialmente sobre o sector produtor lácteo que cualificaron como estratéxico desde o punto de vista económico e social para a nosa Comunidade, xa que dá sustento arredor de 60 mil persoas e 11 mil explotacións no conxunto de Galicia, máis de 5.000 das cales se atopan na provincia de Lugo.

“Estamos na Pastoriza, lugar onde as explotacións gandeiras son moi numerosas. Coñecemos o problema que estades a atravesar, unha situación moi difícil pola baixa dos prezos e acrecentada pola diferenza inxustificada no valor do leite existente entre a nosa comunidade e outras comunidades autónomas, pero Galicia veu facendo os deberes ao longo destes tres anos e, da man do Ministerio, saberá pórlle solución a esta situación”- dixeron.

Desde as administracións populares leváronse a cabo distintas medidas dirixidas a mellorar a competitividade: a ampliación da base territorial das explotacións e de mellora da eficiencia enerxética. Buscaron achegar liquidez e mellorar a capacidade financeira das explotacións adiantando axudas e outorgando achegas en época de crise, e contribuíron a mellorar a estrutura comercial promovendo a diferenciación do noso leite e estruturando o sector produtivo de cara a entrada en vigor do “paquete lácteo”.

“Levamos oito meses de actividade conxunta co Ministerio e demandamos a posta en marcha dun paquete de medidas correctoras. Mentras outros, causantes desta situación, protestan agora polas falta de xestión e de rigor que levaron a cabo cando estiveron no Goberno, nos estamos traballando para solventar esta problemática. Se ben non hai unha solución única, inmediata e de éxito, si poderemos conseguilo sumándoas todas”-explicaron os populares.

Nesa liña, no foro agrogandeiro destacouse a xuntanza entre a INLAC (organización que agrupa a produtores e transformadores) e a distribución. Lembraron Rosa Quintana e José Manuel Balseiro, que foi o propio Presidente da Xunta quen pediu ao Ministro que a impulsara, e tivo lugar a finais do mes de agosto. Nela abordouse a situación dos prezos e Galicia demandou dúas cuestións fundamentais: que era perentorio acabar coa venda a perda e coas vendas con marxes cruzadas.

Concluiron os populares que se está traballando no ámbito europeo, coa mirada posta na reforma da PAC, solicitando a restitución á exportación, axudas ao almacenamento privado e a revisión de prezos de referencia de manteigas ou leite desnatada en pó, ou impulsando unha fronte común con Francia no seo do G-20 para evitar volatilidade de prezos de materias primas. Do mesmo xeito, e dentro de España, estase a traballar coa sinatura dun acordo de colaboración coa industria e a distribución para mellorar a cadea de valor e erradicar prácticas comerciais perniciosas que están a tirar os prezos do leite.