Partido Popular de Lugo

Rematan, cun auténtico éxito, os almorzos informativos que o PP de Lugo mantivo con empresarios de toda a provincia nesta precampaña

Sarria, 4-10-12.-Nun concurrido e participativo almorzo informativo con empresarios da Comarca de Sarria, os populares lucenses escoitaron e responderon as preguntas formuladas polos numerosos asistentes.

En dito encontró participou, o Presidente Provincial, José Manuel Barreiro, a cabeza de lista dos populares por Lugo, Raquel arias, o Coordinador da campaña electoral en Lugo e número 3 da lista, José Manuel Balseiro, os candidatos número 8 e 11 ao Parlamento de Galicia, Jaime Íñiguez e Ángel Camino, así coma outros representantes do Partido Popular nesta Comarca.

O acto iniciouse cun balance da lexislatura, onde se destacou o Goberno solvente, riguroso e de boa xestión de Alberto Núñez Feijóo.

En canto as preguntas, unha das formuladas foi a situación da estrada Sarria-Becerreá. Os populares lembraron que a infraestructura foi posta en marcha no Goberno de Manuel Fraga, sendo o propio Alberto Núñez Feijóo Conselleiro, e que se veu paralizada polo Goberno Bipartito cando estivo ao fronte da Xunta da Galicia. Lembraron os populares que, malia a situación económica que estamos a vivir, está prevista levala a cabo porque é fundamental para ter unha saía a A-6.

En canto as preguntas formuladas no tocante ao sector Lácteo, os populares lembraron a importancia do Sector Lácteo na nosa Comunidade, afirmando que o 55% das explotacións que existen en España son galegas e lembraron todo o traballo que está a desenvolver o Ministro Arias Cañete para conseguir as axudas inmediatas e paliar esta problemática que están a sufrir os gandeiros.

Con de hoxe, e é o séptimo, finalizan os almorzos informativos que os populares lucenses mantiveron ao longo desta precampaña con empresarios das distintas comarcas da provincia.