Partido Popular de Lugo

Concelleiras populares e mulleres do ámbito asociativo achegan ideas para a configuración do programa do PP en materia de igualdade

Lugo, 17 de setembro de 2012.-  A cidade da muralla foi esta tarde  o lugar escollido polos populares lucenses para manter unha xuntanza con mulleres do ámbito da política e de diversos colectivos sociais ao obxecto de estudar, debater e incorporar ideas ao programa electoral co esta formación política concorrerá ás videiras eleccións autonómicas previstas para o 21 de outubro.

No encontro participou o Presidente dos populares lucenses, Jose Manuel Barreiro, acompañado de Susana López Abella, exsecretaria xeral de Igualdade na lexislatura que remata e que forma parte da candidatura do Partido Popular pola provincia de Lugo. No acto tamén estaba presente Manuela López Besteiro, Jaime Castiñeira, Mari Teijeiro e Jose Manuel Balseiro, coordinador provincial de campaña, ademais doutros integrantes da candidatura.

ENCONTRO PARTICIPATIVO

Os populares quixeron escoitar as achegas realizadas polas mulleres que participaron no foro baixo o convencemento de que impulsar políticas que permitan avanzar na igualdade de oportunidades é progresar na configuración dunha sociedade máis equilibrada e solidaria.

POÑER EN VALOR O TRABALLO DAS MULLERES

José Manuel Barreiro fixo un chamamento a multiplicar esforzos e recursos para poñer en valor o excelente traballo que están a desenvolver as mulleres, coa súa cada vez maior presenza -en moitos casos por riba do colectivo masculino- en ámbitos como a política, a xestión das administracións públicas, ou na participación activa dentro dos colectivos sociais.