Lugo, 16 de marzo de 2012.- O Presidente do Partido Popular na provincia de Lugo e Voceiro do PP no Senado, José Manuel Barreiro, mantivo esta mañá unha reunión con empresarios lucenses para explicarlles as medidas que o Goberno de España ven adoptando neste últimos meses. Centrouse Barreiro sobre todo no Real Decreto de pago a proveedores e na reformal laboral.
Con respecto ao pago a proveedores, Barreiro explicou que o Estado dotou unha partida de 35 mil millóns de euros que vai a posibilitar que todas aquelas débedas que, tanto Concellos, Autonomías, teñan con empresas pequenas ou autónomos sexan liquidadas.
José Manuel Barreiro afirmou que esta medida, aprobada hoxe no Consello de Ministros, é un feito único. “Nunca se ten dado na historia de este país que se permita poñer a cero a débeda das diferentes administracións tanto locales como autonómicas” manifestou Barreiro.
O presidente dos populares lucenses, asegurou que esta medida ten un dobre efecto: por unha banda, que as empresas van a cobrar, e esa é unha inxección de liquidez nelas (poderán pagar tamén elas as débedas que tiñan) e, por outra banda, dalles unha posición financieira máis forte no sentido que van a rebaixar a débeda que eles poidan ter con entidades financieiras e polo tanto acudir a financiación cando menos nunha cuantía equivalente a este importe.
“Estamos diante dunha circunstancia que me atrevería a cualificar de feito histórico e que demostra claramente que este goberno tomou as cousas en serio, que analizou cal é a realidade da situación e tamén aquí cabe encadrar esta medida porque temos que saber cal é a débeda do conxunto das adminstracións, por eso se lle pide que aos Concellos e as autonomías que digan que é o que deben, cales son as facturas que están pendentes antes de 2012 e a apartir de ahí buscase unha fórmula que é a apropiada para poder levar a cabo a liquidación porque son 10 anos, dos cales 2 son de carencia, e ademáis cun tipo de interese de entorno ao 5%”- afirmou Barreiro.
Sobre a reforma laboral, dixo o Presidente do PP en Lugo, que é imprescindible. “O anterior goberno socialista levou a cabo 5 reformas laborais cuxo único resultado foron máis de 5 millóns de parados; hai un millón e medio de familias que non teñen ningún tipo de ingresos, polo tanto, algo hai que facer”-manifestou Barreiro.
Lembrou tamén, que este goberno, partindo, sempre, da realidade falou con todos, “antes da investidura de Mariano Rajoy, falouse xa con representantes sociais e empresariais”.
Lembrou o Presidente dos populares en Lugo, que o actual executivo dixo ben claro que ía a buscar unha fórmula de consenso, e si eso non fose posible, terían a obligación de tomar decisións. Dixo Barreiro que isto é a reforma laboral, que ten un único obxectivo: que o mecanismo de axuste, apoiado na destrucción de emprego, sexa ese.
“Ata agora neste pais só había un mecanismo de axuste, que era destruír emprego, esto hai que cortalo, e isto, é o que vai a facilitar a reforma laboral, por iso ninguén pode dubidar que ten un único obxectivo: a creacción e mantemento de postos de traballo”- manifestou o Presidente dos populares lucenses.
Barreiro tachou de incoherencia política e parécelle francamente chamativo que quen non fixo o que tiña que facer, ou o fixo de xeito equivocado, e por iso llo censurou a sociedade española e a lucense, o día 29 sexan os que estén na primeira liña da pancarta trasladándolle mentiras a sociedade.
Dixo tamén o Presidente do PP en Lugo, que é bo que a sociedade lucense evalúe tamén estas circunstancias. “Hainos que hoxe din unha cousa e non a fan, e mañán din a contraria. Agora esos mesmos, son os que se adican a transmitir o medo a sociedade, si se vai a subir o IVA cando o Ministro dixo claramente que non, e trasladar reflexións, que mellor dito son irreflexións, acerca da reforma laboral”.