Lugo, a 18 de novembro de 2011.- O presidente do PPdeLugo e o deputado e voceiro do Grupo municipal popular, José Manuel Barreiro e Jaime Castiñeira, anunciaron hoxe a inclusión dunha enmenda ós orzamentos da Xunta para 2012 na que se propón adicar 1.500.000 euros ó axeitamento das instalacións do Hospital Xeral Calde.
«O PP cumpre os seus compromisos», aseguraron os populares durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación. Referíanse así ós compromisos adquiridos por eles mesmos no transcurso dunha recente reunión con representantes do barrio da Residencia e os contraidos no seu día pola propia Consellería de Sanidade.