Lugo, a 17 de novembro de 2011.- “Non vale todo”, dixo hoxe o presidente do PPdeLugo cando se preguntou qué se pode agardar dos socialistas se se adican a mentir sobre un tema tan sensible para a cidadania como é a sanidade.
José Manuel Barreiro referíase así a un folleto repartido polo Partido Socialista durante o mitin celebrado o pasado martes en Lugo, “coa participación dun ministro do Goberno e un ex presidente”, no que se afirma que o Partido Popular quere cobrar pola prestación sanitaria, poñendo incluso precio a algúns servicios.
![]() |
Barreiro recalcou que “dá medo” ata que extremo pode chegar o Partido Socialista, que, segundo dixo, adicouse toda a campaña a dicir mentiras. “Qué podemos agardar dun partido e duns políticos para os que todo vale”, preguntouse.
“Mentiron en materia de infraestructuras, minten agora sobre a sanidade, co agravande ademais de que saben que están mentido”, polo que non dubidou en calificar esta actuación de “baixeza”, e recalcou que procedementos como este “invalidan completamente o discurso dos socialistas”.
O PPdeLugo, segundo anunciou José Manuel Barreiro, presentou unha reclamación ante a xunta electoral por estes feitos.