Partido Popular de Lugo

O Comité Executivo do PP de Monterroso ratifica a candidatura as eleccions municipais do 2011

Monterroso, a 31 de marzo de 2011.- A lista electoral coa que concurrirá o Partido Popular ás vindeiras eleccións municipais en Monterroso está formada por seis mulleres e oito homes, cunha media de idade de 37 anos, que representan o relevo xeracional da pólitica Monterrosina.

O candidato a Alcaldía ten 55 anos. Tres candidatos teñen entre 40 e 50 anos. Oito de 30 a 40 anos. E por último dous de pouco máis de 20 anos (un camarero de 21 anos e unha estudiante de 23). É unha candidatura con xente preparada e con experiencia profesional, que representa a unha boa parte das parroquias monterrosinas, así como de distintos sectores da actividade económica.

É ademais unha lista moi renovada con oito persoas que debutan en política, entre as que se encontra a número dous e outras catro mulleres máis, ademáis de tres homes. Tres son concelleiros  actualmente, que son o actual voceiro e candidato á Alcaldía José Rojo Núñez, Mónica Almagro Guerreiro e Pablo Losada Ferreiro. Os outros tres, Victor García Pacior, Angel Marcos Portomeñe Rivas e José Manuel López Rodríguez, xa formaron parte da lista nos comicios de 2007.

1. José Rojo Núñez. Naceu o 14 de setembro do ano 1955 en Monterroso, na parroquia de San Miguel de Penas, nunha familia labrega de oito irmáns. Despois dunha pausa nos estudios a principios dos anos setenta, nos que como irmán maior tivo que facerse cargo da explotación familiar por enfermidade do pai, retomou os estudios facéndose co título de Capataz Agrícola e cos seis cursos de entón de Bachiller e COU en somentes catro anos, mentres traballaba na hostalería. Tamén cursou estudios de Dereito Tributario e Asesoría Fiscal Internacional e traballou en diferentes empresas, como Cocampo e Embutidos de Viana, da que foi director administrativo, ata que en 1984 entrou en Caixa Galicia, onde permaneceu como subdirector da oficina de Monterroso dende marzo de 1988 ata setembro do ano 2007, ó ser elexido Delegado Sindical polo sindicato independiente de Caixas de Aforro (CSICA). En maio dese mesmo ano foi nomeado Secretario de Acción Sindical, dedicándose a partir de setembro do 2007 ó sindicalismo ata xaneiro de 2011 que se prexubilou. En maio do ano 2007 encabezou a lista á Alcaldía de Monterroso polo Partido Popular sendo elexido concelleiro, e nomeado Portavoz do Grupo Municipal Popular, cargo que ven desempeñando na actualidade, ademáis de presidente da agrupación local, cargo para o que tamén foi elexido en novembro do 2007.

Asemade, é vocal do Comité Executivo Provincial do Partido Popular e estivo sempre moi implicado nas actividades da vila, onde estivo durante anos como tenor e secretario da Coral “Ecos do Ulla” e Presidente da APA do Instituto de Monterroso, entroutros.

Ten catro fillas.

2. Maria Pilar Varela Rojo. 36 anos. Mestra de Educación Infantil, Posgrao en Alteracions de Audición e Linguaxe, Lengua de Signos (3 cursos), e Técnica en Explotación de Sistemas Informáticos. Actualmente é Educadora Infantil na Escola Infantil de Chantada. Ten outros cursos formativos, está casada e ten un fillo.

3. Víctor García Pacior. 36 anos. Empregado cooperativa Mopan e próximo empresario de servicios do sector agrario. 

4. Mónica Almagro Guerreiro.- 38 anos. Diplomada en Ciencias Empresariais, Administrativa e responsable de Calidade e Medioambiente en Electricidad Castro.

5. Ángel Marcos Portomeñe Rivas. 37 anos. Empresario do sector agrario.

6. María José Liñares Garcia. 46 anos. Empresaria do sector agrario.

7. José Manuel López Rodríguez. 47 anos. Empresario do sector agrario.

8. María Felicidad Castiñeíra Rivas. 40 anos. Empresaria do sector agrario.

9. David Ríos Pena. 21 anos. Camarero en Ligonde.

10. Raquel Varela Vazquez. 32 anos. Técnico en Gestión Administrativa.

11. Pablo Losada Ferreiro. 33 anos. Licenciado en Química, Diplomado en Enxeñería Ambiental e Máster en Enxeñería e Xestión Ambiental e Máster PRL. Actualmente é profesor de Secundaria nos Maristas de Lugo.

SUPLENTES 

1. José Antonio Salgado Fernandez. 40 anos. Conductor Incendios Xunta de Galicia.

2. Mónica Rojo Vazquez. 23 anos. Estudiante.

3. Manuel Rojo Nuñez. 47 anos. Funcionario de prisiones en Monterroso.