Partido Popular de Lugo

Novas Xeracións de Lugo homenaxea aos seus expresidentes xa que “Por eles somos nós”

Lugo, 1 de abril de 2011.-   “Por eles somos nós”. Baixo este titular, os mozos do Partido Popular da provincia de Lugo celebraron hoxe, ás 20:00 horas, na nova sede do Partido Popular, un acto homenaxe aos expresidentes da agrupación político xuvenil de Novas Xeracións (NN.XX) na provincia. Con esta acto,  Novas Xeracións da provincia quixo, “nun momento no que estamos cheos de ilusión e preparados para dar o paso nas próximas eleccións” –segundo puxo de manifesto o seu presidente, Daniel Vega,– “agradecer o apoio de toda a xente que traballou a reo pola agrupación”. 

Vega asegurou que “este é un momento importante no que contamos cun proxecto coherente e preparado para traballar polos cidadáns”. “Estamos a levar a cabo iniciativas e actos con repercusións positivas na sociedade. Non facemos por facer. O noso obxectivo e ser coñecedores da sociedade lucense e das súas necesidades para levar a cabo actos que podan ser útiles e funcionales para o seu día a día”.  

O encargado de abrir o acto foi o presidente provincial do Partido Popular, Xosé Manuel Barreiro, quen animou a xente moza a seguir traballando porque o futuro está nas vosas mans tedes aquí un bo espello no que reflexaros en referencia aos que ocuparon a Presidencia de Novas Xeracións.

Pola contra, o presidente autónomico de NN.XX., Javier Dorado di que o acto de hoxe é unha homenaxe a todas aquelas persoas que durante os máis de 30 anos que leva traballando Novas Xeracións, fixeron posible que puidesemos chegar ata aquí e sempre como a maior organización político-xuvenil de Lugo, de Galicia e de España.

No seu repaso pola actualidade, parafrasea á futura presidenta nacional dicindo que a tasa de paro xuvenil que sufrimos en España tan só se deu en países que sufriron grandes catástrofes naturais . A diferencia, matiza Dorado, é que en España non sufrimos ningunha catástrofe natural, senón que sufrimos unha catástrofe política chamada José Luis Rodríguez Zapatero.

Nesta homenaxe participaron todos os  expresidentes de NN.XX excepto Jacobo Varela que por motivos familiares non puido asistir. Así estaban  Eugenio Corral, José Manuel López López, Ángel Trabada, Pedro Calvo Poch e Manuel Julio Platero, ou os máis recentes como Luís Lamas Novas, Lorenzo García e Antonio Basanta.