Partido Popular de Lugo

O GPPP ve no adianto orzamentario desgranado onte por Besteiro o recoñecemento do fracaso da súa acción de goberno na Deputación

Lugo, a 9 de novembro de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular, á vista das liñas básicas do orzamento provincial para o vindeiro ano adiantadas onte no Parlamento galego polo presidente da Deputación, conclúe que nestes tres anos e medio non se ten avanzado nada na consecución dos principios básicos que ían rexir a institución, nin nas actuacións que José Ramón Gómez Besteiro fixara como prioritarias no seu discurso de investidura. Recoñeceu, por tanto, o fracaso da súa acción de goberno ó fronte da administración provincial.

Lembran os populares que xa en xullo de 2007 Besteiro establecía como eixos fundamentais da súa acción de goberno a loita contra o despoboamento e a vertebración da provincia como único camiño para acadar o equilibrio territorial. Aludir de novo a estos dous aspectos no último tramo de mandato, avogando por un pacto polo campo, denota que nada se fixo a este respecto dende a administración provincial. Nin se apoiou ós sectores productivos básicos nin se abriron nin potenciaron outras alternativas económicas que permitiran ós máis xóvenes dipoñer dun medio de vida viable e rendible que lles permitira apostar por asentarse no medio rural. Engaden asimesmo que todas as iniciativas presentadas neste eido polo grupo popular foron sistemáticamente rexeitadas polo bigoberno.

Nada serio se fixo tampouco pola promoción do emprego en xeral, agás a reciente posta en marcha dun plan servil de formación que, coa vista posta nas vindeiras eleccións municipais, conleva o pago de 400 euros mensuais. Un plan sobre o que ademais existen dúbidas razonables sobre a rendabilidade futura que, dende o punto de vista da capacitación profesional, poderán sacarlle os beneficiarios.

O GPPP ve con gran preocupación a importante rebaixa anunciada nas partidas que se adicarán ó Inludes e Suplusa e que suporán en conxunto máis de 15 millóns de euros. Precisamente nos organismo provinciais especialmente concebidos para apoiar o desenvolvemento ecónomico e a actividade empresarial. 

O principio de transparencia e neutralidade do que tanta gala fixo Gómez Besteiro na súa investidura tamén se quedou nun mero anuncio de intencións porque si por algún principio se vén caracterizando a cooperación cos concellos, así como o reparto de achegas a colectivos, asociacións ou comunidades veciñais no tempo de mandato trascurrido, é polo sectarismo. 

En definitiva, para os populares o adianto orzamentario desgranado onte polo Gómez Besteiro non é máis que unha réplica con poucas actualizacións do dito no seu discurso de investidura que, dado que non cumpriu nada do anunciado, continúa vixente. Do que se deriva a nula capacidade de xestión amosada polo bipartito provincial, máis centrado en repartirse cotas de poder e en derrochar os cartos públicos que en traballar por acadar avances importantes para o conxunto da provincia e os seus habitantes.