Partido Popular de Lugo

Jacobo Río asume a dirección de Novas Xeracións en Ribadeo

Ribadeo, 8 de novembro de 2010.- A renovación da executiva local de Novas Xeracións de Ribadeo tivo lugar onte nun acto celebrado na Casa do Mar da vila e ao que asistiron o presidente provincial da agrupación político xuvenil e a súa vez presidente saínte de xunta de Ribadeo, Daniel Vega Pérez; o secretario xeral de NNXX da provincia, José Antonio González Vázquez; o candidato a alcaldía da localidade, Manuel Valín Valdés, xunto con outros membros do grupo municipal popular.

Jacobo Río García asume a dirección da nova xunta local na que estará acompañado, entre outros, da secretaria xeral, Eva Roviralta Rey. Durante o seu discurso, o novo presidente recordou o “enorme” traballo realizado pola xunta saínte, presidida por Daniel Vega. Para exemplificalo, Jacobo Río explicou que en pouco menos de dous anos Novas Xeracións de Ribadeo pasou de 4 a 33 afiliados. Con este  balance, o novo presidente animou tanto a Vega como a outros membros da anterior xunta local que agora constitúen a executiva provincial a que “traballen por Lugo e o traballo que levástedes a cabo en Ribadeo agora aválavos”.

Pola súa banda, Daniel Vega agradeceu a colaboración de “toda a xente que tivo comigo durante a miña etapa en Novas Xeracións de Ribadeo”, ao tempo que animou “ a formación xuvenil máis importante de todo a concello a traballar man a man con Valín para que sexa o próximo alcalde de Ribadeo”.