Lugo, a 24 de maio de 2010.- A responsable de Benestar do PPdeG e Secretaria xeral de Familia Susana López Abella participou hoxe en Lugo nunha xuntanza con alcaldes e voceiros do Partido Popular durante a que deu conta das principais actuacións que a Xunta está a desenvolver en materia de benestar.
López Abella, quen estivo acompañada durante a súa exposición polo xerente do consorcio Roberto Rodríguez e o presidente dos populares lucenses José Manuel Barreiro, explicou pormenorizadamente o tránsito do Consorcio de Servicios Sociais á Axencia Galega de Servicios Sociais. Neste senso asegurou que os convenios asinados polos concellos co Consorcio de servicios sociais manteranse vixentes coa nova Axencia. Animou, ademais, a aqueles concellos que non se tiñan integrado nel a que o fagan agora na Axencia, garantindo que neste novo sistema, segundo salientou, “terán cabida todos os municipios en igualdade de condicións”.
Susana López tamén se referiu ó Plan Concertado, aprobado recentemente polo Consello da Xunta, en vitude do cal os concellos que así o demanden poderán recibir de maneira anticipada os pagamentos destinados a financiar a rede municipal dos servizos socias comunitarios. O programa, dotado con preto de 50 millóns de euros, ten como obxectivo axudar ás administración locais no mantemento dos servizos sociais que ofertan ós seus veciños e contribuirá así a aliviar a complicada situación financeira na que se atopan nestes intres moitos concellos.
Esta medida, segundo siliñou a responsable de Benestar do PPdeG, permitirá ós concellos cobrar por adiantado no primeiro semestre do ano prácticamente o 100 por cento da subvención que lles corresponde por este concepto e non ter que agardar, como ata agora, ó último trimestre de cada exercicio para facelo. Esta circunstancia redundará en beneficio dos municipios dado que contribuirá a paliar os graves problemas de liquidez ó que se están afrontar boa parte deles por mor da crise económica.
O encontro de hoxe enmárcase no calendario de contactos promovidos polo Partido Popular de Lugo co obxectivo de fomentar o intercambio de impresións entre cargos electos do partido e responsables da administración autonómica.