Lugo, a 22 de maio de 2010.- O deputado popular Jaime Castiñeira resposta a súa homóloga socialista Concepción Burgo que ela mesma se contradice nas súas críticas contra a programación do Xacobeo en Lugo. Así, lembralle que o pasado mes de marzo dixo que só había dous actos programados para Lugo e agora xa recoñece que hai 25 polo que, ó seu entender, a súa propia contradicción a desacredita.
Castiñeira recoméndalle a Concepción Burgo que concentre a súa laboura de oposición noutros aspectos distintos a éste e que, si tan preocupada está pola programación cultural do Ano Santo inste ós seus compañeiros de Madrid a respaldar con máis entusiasmo e sobre todo con máis orzamento dita celebración. Lémbralle asimesmo que o goberno bipartito da Xunta non deixou nada programado para este evento e que a súa laboura tampouco se caracterizou precisamente por actuacións relevantes no mantemento das rutas xacobeas que discrurren pola provincia.