Partido Popular de Lugo

O Inludes só executou o ano pasado o 40 por cento do seu orzamentos

Lugo, a 9 de abril de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular considera que a incapacidade política amosada polo bipartito provincial á hora de executar os orzamentos da Deputacion é alarmante e totalmente negativa para a provincia.

Así, segundo se desprende dun informe de execución presupostaria da propia Deputación a data 31 de decembro de 2009, a administración provincial só logrou recaudar 103 millóns de euros dos 138 que tiña previsto, un dato que constata que, como aseguraban os popualres no seu momento, os cálculos que manexaban os responsables provinciais nos orzamentos do pasado ano eran errados.

Ademais, no que se refire ó capítulo de inversións, as cifras tamén son preocupantes porque os gastos comprometidos non chegan ó 80 por cento. Quedan por tanto aínda sen comprometer 38 millóns de euros.

Máis grave é si cabe a situación do Inludes, xa que os responsables provinciais a finais do pasado ano só foron capaces de recaudar o 46,5 por cento do previsto, que veñen a supoñer 9,6 millóns sobre unha estimación de 20,6 millóns. É si resulta preocupante o capítulo de ingresos, peor balanzo presenta o de gastos, dado que comprometeuse só o 39,16 por cento do seu orzamento, é dicir, oito millóns de euros sobre unhas previsións definitivas de 20,6 millóns.

Á vista destes datos, as conclusións do GPPP son evidentes: por unha banda é manifesta a incapacidade política do bipartito para xestionar debidamene os cartos de todos os lucenses, polo que lamentan que, pese a que once diputados do equipo de goberno cobren dedicación total ou parcial, o grao de execución orzamentaria sexa tan baixo; e por outra, é notorio o perxuizo que a evidente falta de traballo do equipo de goberno está a causar á provincia. 

Así, os populares acusan directamente a Gómez Besteiro e ó seu equipo de que Lugo esté a perder un importante volume de investimentos por non ser quen de axilizar o traballo e de poñer en marcha proxectos de futuro que permitan vertebrar a provincia, dinamizar as infraestructuras de comunicación e productivas e, en definitiva, mellora a calidade de vida dos cidadáns desta provincia.