Partido Popular de Lugo

A XUNTA DO PPdeG CONSTRUÍU SETE VECES MÁIS VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA QUE O BIPARTITO EN TODA A LEXISLATURA

Santiago, 08 de abril de 2010.- O deputado popular Jose Manuel Balseiro Orol quen sempre mantivo que durante os pasados catro anos de Goberno bipartito a  promoción de vivendas a prezos  accesibles na Mariña lucense baixo o amparo da administración autonómica foi mínima, veu hoxe confirmada as súas sospeitas no seo da Comisión de Obras Públicas do Parlamento de Galicia. Alí o  director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo, Antonio Bonet, deu conta de datos oficiais que demostran que a Xunta  do PPdeG na última lexislatura de Manuel Fraga construíu nove veces máis vivendas de promoción pública que o bipartito nos últimos catro anos. De feito, fronte as 276 vivendas en 11 concellos que impulsaron os populares, o Goberno de PSOE e BNG tan só iniciou 42 vivendas nun concello da Mariña, o de Ribadeo, “que nin tan sequera foron capaces de rematar algo que está a facer o actual Executivo”.

Boné facendo unha valoración do traballo desenvolvido polo PP en comparación co bipartito e individualizou a execución das obras  da Xunta en materia de vivenda accesible de promoción pública cos seguintes datos: Alfoz 7 vivendas, A Pontenova 24 vivendas , Barreiros 21 vivendas , Burela 32 vivendas, Cervo 25 vivendas  e Xove 14 vivendas.

PRETO DE DOS MILLÓNS DE EUROS  PARA TRABADA.- Así o explicou o director  xeral do  IGVS nunha comparecencia na que tamén deron conta da vontade da Xunta actual de investir preto de 2 millóns de euros para recuperar o proxecto anulado polo bipartito, para executar entre 17 e 18 vivendas de promoción pública no concello de Trabada. Este compromiso que xa foi confirmado a través dunha resposta escrita a este mesmo deputado, supón xa unha actuación en firme do novo Executivo autonómico que desenvolverá en canto dispoña dos terreos cedidos ao efecto e elabore sobre eles o correspondente proxecto construtivo.

UN PROXECTO OBSTACULIZADO POLO BIPARTITO.- Balseiro insistiu en  que a Xunta do PPdeG “fará realidade aquelo que o bipartito anulou” e o executará consciente de que existe unha demanda social entre os veciños deste concello lucense. O deputado popular sinalou que o  proxecto  de construción de  vivendas sociais en Trabada data de maio de 2005 cando, aproveitando unha resolución da administración autonómica popular,  o Concello de Trabada  presentou a súa solicitude para desenvolver 18 vivendas. A empresa promotora chegou a adquirir os terreos ao concello e visar o proxecto. Malia todo o cambio de Goberno  frustrou esta iniciativa e ainda que, a través dunha nota oficial, a conselleira nacionalista de Vivenda, Teresa Táboas falaba en febreiro de 2006 de que construiría estas vivendas, un  mes despois, en marzo de 2006 resolveu anular este proxecto. Esta anulación obrigou ao Concello a adquirir de novo os terreos, a través dunha operación crediticia co conseguinte menoscabo económico.