Lugo, a 1 de abril de 2010.- Os deputados autonómicos e nacionais e senadores do Partido Popular pola provincia de Lugo calificaron de moi axeitada a decisión da Xunta de Galicia de realizar un periplo polas comarcas de Lugo para explicar a xestión realizada durante este primeiro ano de goberno.
O presidente dos populares lucenses José Manuel Barreiro indicou que esta iniciativa encadra perfectamente na política de proximidade e a pe de rúa que practica e fomenta o PP de Lugo en particular e o PPdeG en xeral. “É un exercicio de responsabilidade do goberno autonómico explicar directamente á cidadanía as actuacións que levaron a cabo durante este primeiro ano da lexislatura e”, segundo explicou, “un exemplo de transparencia e de compromiso”. “Todos os lucenses terán así a oportunidade de comprobar que o Partido Popular cumpre o que promete”, engadiu.
Este percorrido polas comarcas da provincia foi un dos asuntos analizados polos cargos electos do Partido Popular de Lugo nas diferentes cámaras de representantes durante unha das súas periódicas reunións de traballo nas que, ademais de analizar os aspectos máis salientables da actualidade política, establécense as liñas de traballo que van a desenvolver en aras de coordinar a súa actividade nas respectivas cámaras de representantes.
O inicio das conversas entre as dúas caixas galegas para acometer unha fusión tamén foi valorado moi positivamente polos representantes populares e amosaron a súa confianza en que o resultado do proceso responda o interese xeral e redunde no beneficio de Galicia e os galegos.