Partido Popular de Lugo

O GPPP asegura que a Deputación dá as costas a PEMEs e autónomos cando máis o necesitan

Guitiriz, a 31 de marzo de 2010.- O Partido Popular bota en falla un apoio decidido por parte da Deputación ás PEMEs e autónomos da provincia de Lugo, máxime tendo en conta que a situación de crise actual está a provocar graves dificultades para que poidan continuar a súa actividade e que incluso xa abocou a moitos a pechar as súas portas.

José Manuel Barreiro fixo está valoración negativa durante unha visita ó polígono industrial de Guitiriz na que estivo acompañado polos deputados provinciais Armando Castosa e José María González Barcia, así como polos concelleiros populares neste concello encabezados pola súa voceira María José Vázquez.

O voceiro do PP na Deputación argumentou a súa crítica indicando que dous meses despois de solicitar ós responsables da administración provincial a relación de axudas concedidas a autónomos e PEMEs con cargo ós orzamentos de 2008, “aínda descoñecemos o montante total das subvencións otorgadas e si xa foron aboadas os seus beneficiarios”.

Os populares, segundo explicou, tampouco dispoñen de información sobre si xa se resolveu a convocatoria correspondente ó ano 2009 por este mesmo concepto. “É moi preocupante que nunha situación de crise xeral como a que estamos a vivir a Deputación permaneza insensible ós apuros que están a pasar os autónomos e as pequenas e medianas empresas en non axilice a resolución destas axudas”, indicou. 

Para os populares a Deputación tampouco está a actuar con “equidade e transparencia” na concesión de subvencións ás comunidades veciñais. Así, o goberno que encabeza José Ramón Gómez Besteiro está a conceder este tipo de axudas a persoas directamente vinculadas co Partido Socialista, ata tal punto que nalgúns casos trátase de concelleiros ou cabezas de lista. O GPPP referiuse a concellos concretos nos que se está a dar esta circunstancia: Sober, O Incio e Portomarín. Un proceder que para os representantes populares só pode calificarse de “amiguismo descarado”.

Segundo explicaron, hai casos “aínda máis sangrantes”, xa que dende o organismo provincial comunicouselle a algunha comunidade veciñal que se lle retiraba a axuda concedida sin darlle ningún tipo de explicación sobre as razóns polas que se adoptou esa decisión e despois concédeselle a otro colectivo na mesma demarcación xeográfica pero afin ó PSOE. Un “caso pintoresco” que aconteceu, por exemplo, no concello de Xermade.

E incluso, segundo relataron os populares, hai colectivos veciñais que reiteradamente demandaron unha subvención da Deputación para a realización da mesma obra pero que con igual reiteración lles foi denegada. Situación vivida por unha comunidade veciñal de Palas de Rei.  

Para o Partido Popular, segundo salientou José Manuel Barreiro, a actitude do goberno da Deputación pon de manifesto que unha cousa é o que di o seu presidente e outra moi distinta o que fai. “A conclusión é que nin os concellos de Lugo nin os seus habitantes son iguais para a Deputación: uns son amigos e son tratados como tal e os outros, os que son de distinta cor política, simplemente non existen”.