Partido Popular de Lugo

O GPPP asegura que os concellos tiveron que adiantar os cartos das obras incluidas no FEIL

Lugo, a 28 de xaneiro de 2010.- Os concellos tiveron que adiantar os cartos das obras incluidas no Fondos Estatal de Inversión Local (FEIL). Así o ratifica o Grupo provincial do Partido Popular insistindo así nunha das argumentacións que empregaron no último pleno da Deputación para defender unha moción na que pedían a administración provincial que instara ó Goberno central a adiantar o pago dos cartos pendentes para non incrementar aínda máis os problemas de liquidez ós que se enfrontan os concellos.

Para avalar esta información, os populares fan referencia á información remitida ós concellos polo propio Goberno central na que se fai referencia explícita a este asunto: “libramiento del 30% en concepto de segundo pago y liquidación del proyecto”.

Segundo esta circular, establécese que “de conformidad con lo establecido en el artículo 7.4 del Real Decreto-ley 9/2008, el libramiento del segundo pago únicamente se efectuará una vez que el Ayuntamiento haya abonado al contratista el 100% del importe del contrato, y por tanto, pueda justificar completamente la inversión realizada”.

O voceiro adxunto dos populares na Deputación conclúe, en base ó dito, que “Antonio Gato manipulou, como é habitual en el, a realidade ou, dito máis claramente, mentiu cando afirmou que era falso que os concellos non tiveran que adiantar o importe das obras do FEIL”.

Barcia insiste asimesmo en asegurar que “a día de hoxe” segue a haber moitos concellos ós que se lle adeuda todo ou unha parte dos cartos correspondentes ás obras adscritas a este plan. “Un só exemplo: ó concello de Burela ten pendente de cobro por este concepto 350.000 euros”.