Partido Popular de Lugo

Barreiro avoga por convertir o foro do movemento sénior nun referente sobre as inquedanzas dos maiores

Lugo, a 29 de xaneiro de 2010.- O foro virtual movemento senior auspiciado polo Partido Popular foi presentado hoxe oficialmente nun acto no que Manuel Torre Iglesias actuou como padriño e ó que asistiron preto de 150 persoas.

O Presidente do PP de Lugo José Manuel Barreiro indicou que agarda que esta iniciativa, www.movementosenior.wordpress.com, sexa unha ferramenta útil para manter ós seus destinatarios activos e para que teñan a oportunidade de demostrar e compartir cos demais, sexa cal sexa a súa idade, a súa particular visión da vida, “da vivida e da moita que queda por vivir”.

Suliñou asimesmo que este foro enmárcase no conxunto de iniciativas que o PP está a desenvolver co fin de incentivar a participación de todos os sectores sociais na propia acción política que leva a cabo o partido.

Na opinión de Barreiro o envellecemento da población será un dos grandes retos ós que deberá facerse fronte neste século dado que non hai ningún referente histórico que sirva de guía, e as repercusións serán notorias en todos os aspectos a pouco que se analicen as súas repercusións.

“Neste contexto, os maiores fan e deben ademais facer sentir a súa voz e contribuir, como parte implicada ademais, a dar resposta a un dos máis importantes fenómenos sociais de toda a historia e que sen dúbida condicionará o desenvolvemento do século XXI e os posteriores”, explicou.

O estado de benestar e o considerable incremento da esperanza de vida farán inevitable que na nosa sociedade sexa determinante a existencia dun grupo crecente de persoas retiradas do traballo remunerado, por cuestión de idade pero completamente activas, que non acaban de atopar o seu papel nunha sociedade denominada do coñecemento, que ven a significar altamente tecnificada ou informatizada. “Esta alta presencia das novas tecnoloxías na sociedade actual supón, a priori, unha ruptura coas xeracións máis veteranas, aínda que dende o Partido Popular de Lugo imos poñer o noso grao de area, coa posta en marcha deste foro virtual, para cambiar esa percepción, que consideramos que non se axusta de xeito veraz á realidade”, explicou.

“Os maiores sodes a nosa memoria histórica viva, e tedes un vagaxe cultural, social, e unha experiencia vital que é, en si mesma, unha gran riqueza que non nos podemos permitir o luxo de desaproveitar. Podedes aportar un concepto da vida analítico e reflexivo, que moi ben pode complementar ó que teñen as novas xeracións. Uns valores asentados na experiencia, unha ampla visión da historia, capacidade crítica e sobre todo unha inmensa xenerosidade”, engadiu.

A esa “xenerosidade e a vosa inmensa capacidade para adaptarvos ós tempos” apelou Barreiro para que “este foro virtual que hoxe presentamos e no que vos seredes protagonistas esté activo e moi vivo”. “A vosa participación nel será determinante para asegurar a súa permanencia e para convertilo nun referente das vosas inquedanzas, das vosas demandas, das vosas necesidade, das vosas propostas…”, engadiu.