Partido Popular de Lugo

A provincia de Lugo perderá 12 millóns de euros ó rebaixar o Estado o importe das transferencias ás administracións locais

Lugo, a 21 de xaneiro de 2010.- “O despilfarro do Goberno Zapatero, representado en Lugo por Gómez Besteiro, vano a pagar os concellos da nosa provincia”. Así de contundente se amosou hoxe o Presidente do Partido Popular de Lugo José Manuel Barreiro á hora de valorar a enorme repercusión negativa que para a provincia de Lugo vai a ter o feito de que os concellos vexan mermados en conxunto este ano os fondos que reciben do Estado nun 9,2 por cento con respecto ó pasado ano.

Barreiro, que compareceu acompañado do voceiro adxunto dos populares na Deputación José María González Barcia, salientou que a drástica rebaixa das transferencias do Estado nalgúns concellos, polo importe que suporá, afectará moi negativamente ós seus propios orzamentos. Puxo coma exemplo o caso de Becerreá, onde a rebaixa das transferencias do Estado alcanzará o 17,56%; o 15,68% en Trabada; o 15,56% en Carballedo; o 14,21% en Baralla ou mesmo a capital provincial onde a reducción das transferencias do Estado será do 10 por cento.

A Deputación provincial tampouco será allea a esta rebaixa de fondos, xa que, en comparanza co 2009, recibirá un 9,5 por cento menos, o que equivale a dicir 6,5 millóns de euros.

En conxunto, a provincia de Lugo, tanto no que atinxe ós cartos que deixarán de percibir os municipios como a propia administración provincial, verá reducida a súa disposición de fondos, o que equivale a dicir a súa capacidade orzamentaria, en 12 millóns de euros.
“Se a esto lle sumamos que todos os municipios, en maior ou menor medida, veñen alertando nos últimos meses de que os ingresos directos que perciben vía impostos están menguando de xeito alarmante, fundamentalmente polo práctica paralización da actividade na construcción, non é esaxerado concluir que se aveciñan moi malos tempos, por non dicir alarmantes, para a gran maioría dos concellos da nosa provincia”, explicou José Manuel Barreiro.

Barreiro e Barcia lembraron que o seu partido xa advertira do forte impacto que a anunciada reducción das transferencias do Estado ía ter nas administracións locais. Así, segundo explicaron, presentaron na Deputación e en varios concellos da provincia unha moción para que se instara ó Goberno central a manter o volume das transferencias no mesmo nivel de 2009 debido as grave crise económica existente. “Os socialistas rexeitaron de plano a nosa iniciativa e agora empezan a atisbarse as consecuencias, que acabarán repercutindo moi negativamente en cada un dos veciños da provincia de Lugo”, engadiron. 

CORTE DE VOZ NA SECCIÓN SONS