Partido Popular de Lugo

Dos 39 concelleiros que o PP obtivo nas municipais no partido xudicial de Chantada, Varela só ten o apoio de tres para continuar como deputado provincial

Chantada, a 10 de decembro de 2009.- Todos os alcaldes e concelleiros do Partido Popular pola circunscripción de Chantada solicitaranlle por escrito a Manuel Lorenzo Varela que renuncie á súa acta de deputado provincial.

Os alcaldes e concelleiros dos municipios de Carballedo, Monterroso, Palas de Rei, Portomarín, Antas de Ulla, Taboada e Chantada, remitiranlle mañá un escrito a Varela no que lle piden a devolución da súa acta de deputado provincial ó Partido Popular. Trátase dos mesmos concelleiros que no seu día o votaron para que ocupara a acta de deputado provincial polo partido xudicial de Chantada, a excepción dos tres concelleiros que, xunto a el, abandoaron por iniciativa propia a disciplina do PP.

Os cargos electos do Partido Popular na mencionada circunscripción instarán á Manuel Lorenzo Varela a que “reconsidere a súa postura de privar a esta formación política da representación democrática que as urnas lle otorgaron na Deputación provincial de Lugo”.

Na misiva, segundo adiantaron, farase constar que o Partido Popular no Partido Xudicial de Chantada acadou 9.862 votos, un 47,78% e que polo tanto, de persistir Varela na súa intención de manter a súa acta “privaría a todos estes cidadáns da representación lexítima que lles corresponde na institución provincial”. “Froito da súa decisión de abandonar o Partido Popular e acollerse á figura de deputado non adscrito, que entendemos moi cuestionable pero que en todo caso respectamos, os votantes do Partido Popular no noso Partido Xudicial non teñen voz e voto no seo da Deputación”, engadiran.

Os representantes do PP nos sete municipios mencionados indicaranlle ademais na súa carta que “apelamos a súa conciencia e compromiso co espírito democrático para que á maior brevidade posible inicie os trámites oportunos para facer efectiva a súa renuncia como integrante da Corporación Provincial”.

O envio desta misiva foi unha das cuestións ás que se fixo referencia hoxe durante unha xuntanza de traballo celebrada en Chantada e que se enmarca no calendario de encontros periódicos que mantén o Partido Popular nas comarcas e concellos lucenses para analizar os temas de interese que afectan a estas zonas e para establecer al liñas de actuación para os próximos meses, e á que tamén asistiron o Presidente provincial e o Secretario xeral, José Manuel Barreiro e José Manuel Balseiro. No caso concreto deste partido xudicial unha dos temas abordados foi o de diseñar unha estratexia que ten coma obxectivo primordial acadar os dous deputados provinciais en xogo por esta circunscripción nas vindeiras eleccións municipais.