Partido Popular de Lugo

O GPPP interésase polo grao de ocupación acadado polos catamaráns da Deputación

Lugo, a 11 de setembro de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular requeriu información á Deputación de Lugo sobre o volume de ocupación acadado polo barco e os catamaráns (Mencía, Canón do Sil, Pelegrín I, II e III) cos que conta correspondentes ós meses de xuño, xullo e agosto de 2008 e 2009.

Os datos solicitados inclúen tamén o computo das reservas que se realizaron on line durante o presente exercicio dende a posta en marcha deste servicio a través da páxina web da propia Deputación.

Os populares consideran que non se está a prestar a debida atención nin ó mantemento nin á promoción das rutas dos catamaráns polo que quere contrastar as consecuencias que esta desidia está a ocasionar non índices de ocupación das diferentes rutas e embarcacións.

No que atinxe ó recién estreado servicio de reserva a través de Internet, os populares opinan que esta posibilidade debería ser algo máis accesible. Entenden que se atopa agachada entre os contidos da páxina web polo que recomendan á responsable da área de Turismo, María José Vega Buján, que inserte unha pestaña específica na páxina de inicio ou calquer outra posibilidade que se estime convinte non só para facilitar o seu uso, tamén para dar maior proxección ó servicio.