Partido Popular de Lugo

O Partido Popular acusa a Vega Buján de dilapidar a herdanza que recibiu en materia turística na Deputación

Lugo, a 17 de xullo de 2009.- Os Grupos provincial e municipal do Partido Popular acolleron con “estupor” a razón esgrimida pola Vicepresidenta terceira da Deputación e responsable da área de Turismo María José Vega Buján para que este verán o catamarán dos Robles non funcione.

Para José María González Barcia e Enrique Rozas, que a mediados do mes de xullo dende a Deputación de Lugo se asegure que un dos cataráns non funcionará porque non atoparon persoal debidamente titulado que estivera interesado neste posto, pon de manifesto a improvisación coa que se traballar na Administración provincial en xeral e na área de Turismo en particular.

Lembran os populares que durante a pasada Semana Santa a entidade provincial tamén desaproveitou o potencial económico e turístico que representan as viaxes en catamarán, tanto polo deficiente estado que presentaban as embarcacións como os propios pantaláns. 

Suliñan neste senso que o GPPP denunciou o pasado mes de abril o lamentable estado no que se atopaba o catamarán ubicado na área dos Robles e agora, que aparecentemente o barco está reparado e en condicións de desenvolver a súa función, voltará a quedar parado por falta de piloto. Esto quere dicir que a inversión adicada a poñer a punto o barco non servirá de nada, que será un “despilfarro máis do bipartito provincial”.

En opinión de Barcia o que está a facer Vega Buján ó fronte da área de Turismo é un “despropósito maiúsculo” xa que está a “dilapidar” a boa herdanza que nesta materia recibira do anterior equipo de goberno da Deputación. Así, a estas alturas, por exemplo, non se sabe se a Deputación se vai a comprometer co Consorcio Turístico da Mariña nin que hai das “irrisorias” axudas que nesta materia se estaba previsto dar ós concellos.

Enrique Rozas, pola súa banda, suliñou que a área dos Robles e o catamarán alí ubicado constitúen un dos polos de atracción turística do concello de Lugo e instou ó responsable local, ó rexidor López Orozco, a que tome cartas no asunto. Segundo indicou, “xa que o alcalde é tan dado a resolver cuestións que afectan a outras administracións e a facer turismo pode tamén actuar neste caso porque esta situación causa un importante perxuizo a Lugo”.