Lugo, a 16 de xullo de 2009.- A Deputación de Lugo licitou con fondos propios durante estes dous anos de goberno bipartito proxectos de obra por importe de 4.339.340,66 euros. Quedan excluidas deste cómputo as obras incluidas no POS e no POL e incluso as melloras establecidas en actuacións aprobadas con anterioridade.
Uns cartos que, segundo explicou hoxe o voceiro do Grupo provincial popular José Manuel Barreiro, quen compareceu acompañado de José María González Barcia, corresponden “concretamente” a 14 obras. Para os populares esta inversión, ademais de resultar “pírrica para unha administración das características e a relevancia da Deputación” dá unha idea do “cansino ritmo de traballo que nela se practica porque toca a un proxecto cada dous meses”.
Pero si os datos, segundo indicaron os voceiros do GPPP, “son xa de por si moi pobres”, resulta “abraiante” descubrir que deses algo máis de 4,3 millones de euros, 3.388.557,83 euros corresponden a cinco obras adxudicadas nunha mesa de contratación celebrada o pasado día 7 do presente mes de xullo.
“É dicir, en 23 meses o equipo de goberno que o Sr. Gómez Besteiro lidera en compaña do Sr. Bao adxudicou obras (nove para ser exactos) con fondos propios da Deputación por importe de 950.782,83 euros”, puntualizou Barreiro.
Cinco obras; cinco concellos socialistas.- O “desesperanzador” balanzo feito ata aquí “empeora”, segundo engadiu o voceiro popular, cando se estudan os pormenores das actuacións e se constata que das nove obras adxudicadas ata principios deste mes, cinco corresponden a proxectos que quedaron pendentes do anterior Goberno da Deputación.
Trátase, en concreto, do afirmado dun tramo da CP 2802 San Xurxo de Arroxo, no concello de Lourenzá, por importe de 66.198,07 euros; o acondicionamento dos accesos á Millara, en Pantón, con 37.491,66 euros; a mellora do térreo de xogo do campo de fútbol municipal de A Pastoriza ó que se adican 138.479,06; e dúas actuacións máis no municipio de Monforte: a restauración dos alpendres do pazo de Toz e o ensanche e mellora da estrada que dá acceso a este edifício, a CP 3207 Seoane-Tor, ó quem se adican 299.401 e 65.000 euros respectivamente.
Ademais, no que atinxe ás cinco obras adxudicadas hai pouco máis dunha semana de “nova fornada”, segundo especificou José Manuel Barreiro, corresponden “casualmente” a cinco concellos nos que goberna o Partido Socialista.
Son as seguintes:
En Becerreá: mellora e renovación de afirmado da CP 0708 de Cereixa a Louxas pk 0,000-10,000, por importe de 667.000 euros.
En Castro de Rei: acondicionamento e mellora CP 11-02 de Coto de A, por Ansemar, a Castro Riberas de Lea acceso Castro de Viladonga pk 0,000 – 10,240, por importe de 799.003,13 euros.
En Lugo: acondicionamento CP 2906 Arieiras por Cuiña a Vilalvite pk 0,000 – 5,870, por importe de 504.050 euros.
En Ribas do Sil: mellora e renovación de afirmado da CP 5302 San Clodio a Casares pk 3,320 – 15,600, por importe de 735.904 euros.
En Sarria: mellora e renovacion do afirmado da CP 5706. LU-636 por Seteventos a Monseiro, pk 0,000 – 5,015 e 5.707 de Aguiada a Louseiro pk 0,000 – 1,750, por importe de 682.600,7 euros.
“Éste”, insistiron os populares, “é o traballo proxectado e contratado con fondos propios pola Deputación de Lugo en dous anos. É explicable, por tanto, que o Sr. Besteiro e Sr. Bao optasen o outro día no seu teórico balanzo das actuacións realizadas neste segundo ano de mandato por anunciar proxectos para os vindeiros dous anos na vez de valorar o feito”.
Máis fume do “home anuncio”.- Barreiro, “en base a estes antecedentes”, calificou ó denominado Plan Deputación “coma unha nova fogata sen lume ás que desgraciadamente nos ten acostumados o home anuncio no que xa se convertiu o Presidente da Deputación de Lugo”.
Neste contexto os populares lamentaron que se anuncie a presentación “no vindeiro mes de setembro” dun plan de inversións “a dous anos” de 20 millóns de euros “sen dar detalles sobre cándo, cómo e ónde se van a acometer as obras, “e que a prioiri parece semellarse moito ó plan de obras singulares desenvolvido polo anterior goberno da Deputación e que con tanto énfase criticaron no seu día socialistas e nacionalistas”.
Os voceiros do GPPP suliñaron, ademais, que a maioría das obras incluidas nese plan de actuación “tan vilipendiado”, que sumaban mais de 40 millóns de euros de orzamento, están aínda pendentes de execución.