Partido Popular de Lugo

NN.XX.: “O BIGOBERNO UTILIZOU E ENGANOU Á MOCIDADE GALEGA”

Lugo, a 21 de febreiro de 2009.- Os mozos son o futuro. Por eso no programa electoral do Partido Popular ocupan un lugar predominante. E o que máis lle preocupa ós máis novos, segundo explicaron hoxe Cristina Ares, Pablo Florez e Carlos Bande nun acto de Novas Xeracións no que tamén estivo presente Jaime Castiñeira, é, ademais da educación, o traballo e a vivenda.

Por elo, “gran prioridade” do futuro Goberno de Feijóo para os máis novos será a creación de emprego e facilitarlles o acceso a unha vivenda.

Así, o PP porá en marcha un Plan de Emprego Xuvenil 2009-2013 que inclúe medidas encamiñadas á inserción laboral cun servizo de asesoramento e orientación laboral para mozos titulados e estudantes;  un banco de datos de titulados recentes accesible as empresas; un programa mixto emprego/formación para maiores de 25 anos; incentivos ás empresas que contraten indefinidamente a menores de 25, e de entre 25 e 39 anos que leven 6 meses no paro; incentivos fiscais ó autoemprego dos mozos, especialmente no medio rural e no medio marítimo-pesqueiro; e programas de actuación contra a precariedade laboral, contra o abuso do encadeamento e a rotación dos contratos temporais.

VIVENDA.- O futuro Goberno do PP presidido por Feijóo favorecerá a emancipación dos mozos galegos poñendo á súa disposición vivendas xa construídas e sen vender a prezo concertado, cunhas condicións semellantes ás que, ata o de agora, se aplicaban en exclusiva para as vivendas protexidas. Acceder a unha vivenda converteuse, nos últimos anos, nunha misión imposible para os xóvenes galegos.

Datos do Consejo de la Juventud certifican que mentres no segundo trimestre de 2005 cada mozo galego que aspirase a mercar unha vivenda debía adicar a este obxectivo o 42,5% do seu esforzo, ese indicador disparouse ata situarse no 71,9% no segundo trimestre de 2008.

Para invertir esta tendencia, o PP porá en marcha medidas encamiñadas a facilitar o arrendamento de vivendas, con axudas directas para os mozos e dous programas específicos: un de alugueiro con opción de compra (pasado un tempo, parte da renda satisfeita serviría como parte do pagamento para mercar o piso) e outro de alugueiro rotacional.

A proposta de maior alcance do PP neste ámbito consiste en propiciar a saída ao mercado (para adquisición o arrendamento con opción de compra) do amplo stock de vivendas rematadas de construír, pero sen vender que existen actualmente e Galicia. O resumo do bipartito coa xuventude é “mais paro e menos vivenda”.

A tal efecto, o PP promoverá un acordo con todos os axentes que interveñen no mercado  inmobiliario (promotores, notarios e entidades de crédito) para ofrecer esa vivenda libre a prezo concertado, de xeito que se podan mercar nunhas condicións moi vantaxosas, similares ás que se aplican para as vivendas protexidas. A Xunta fixará cada ano o prezo máximo por metro cadrado que poderá acadar cada un dos pisos que se saquen ao mercado dentro desa modalidade. Anualmente publicarase tamén o listado de vivendas acollidas, garantindo o cumprimento dos requisitos e as axudas dispoñibles para acceder a elas.

EMPRENDEDORES E FORMACIÓN PROFESIONAL.-  O Goberno do PP implantará medidas de apoio ós emprendedores e impulsará unha reforma das ensinanzas de Formación Profesional, que perdeu 13.600 alumnos do bipartito. Incrementarase a oferta formativa e acometeranse melloras dos centros e do seu equipamento, potenciando a relación coas empresas e os centros integrados. O impulso á Formación Profesional é aínda máis importante en época de crise, dada a importancia de que a oferta formativa sexa o máis acaída posible ás demandas do mercado de traballo.  

INCUMPLIMENTOS.-  O bigoberno, segundo explicaron hoxe Cristina Ares, Pablo Florez e Carlos Díaz, non cumpliron cos mozos. De feito, non hai Lei de xuventude e, para colmo, votaron en contra da que propuso o PP; non hai reforma do Consexo de Xuventude de Galicia; non hai nin Plan Labora nin a axuda que prometeron ós mozos que, despois de rematar a súa formación, estiveran buscando o seu primeiro emprego; non convocaron nin unha soa vez en preto de catro anos a Comisión Interdepartamental de Xuventude da Xunta de Galicia.

Á vista deste balanzo, para os integrantes de Novas Xeracións de Lugo “PSOE e BNG utilizaron e enganaron á mocidade porque non cumpriron nada do que lle prometeron”.