Partido Popular de Lugo

O GPPP INSTA Á DEPUTACIÓN A QUE CONTRATE O DESBROCE DAS VIAS PROVINCIAS, COMO MOI TARDE, NO MES DE MAIO

Lugo, a 20 de febreiro de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular levará ó vindeiro pleno da Deputación unha moción na que insta á administración provincial a axilizar os distintos trámites administrativos para que a adxudicación do desbroce da rede viaria provincial estea feita, como moi tarde, no mes de maio do presente ano, e que ese plazo se fixe xa para os vindeiros anos.

En opinión do GPPP o desbroce da rede viaria provincial axuda a mellorar a conservación das estradas e a garantir a seguridade dos usuarios. Por eso, debe facerse en tempo e forma, cousa que non aconteceu no 2008, ano no que se aprobou a adxudicación das actuacións de desbroce xa entrado o mes de agosto. 

Durante o pasado exercicio moitos dos concellos da provincia de Lugo, incluso no mes de outubro, tiñan as súas estradas provincias aínda sen desbrozar con conseguinte perxuizos que esto ocasiona. Claros exemplos desta situación foi o acontecido en Foz, Trabada, Barreiros, Pantón, Sober, Lourenzá, Ribadeo, Xermade, entre outros. 

Os populares consideran que con esta medida pódese mellorar a prestación deste servicio e, o mesmo tempo, axilizar e optimizar o funcionamento da propia administración provincial polo que agardan que a proposta conte co respaldo de todos os grupos da corporación.