Lugo, a 18 de febreiro de 2009.- Novas Xeracións de Lugo instalará o videiro sábado e o xoves, día 26, unha carpa en céntricos puntos da capital na que integrantes desta formación darán a coñecer as medidas que o Partido Popular leva no seu programa electoral para os mozos e que aplicará durante a vindeira lexislatura.
NN.XX. lembran que o vindeiro 1 de marzo terán lugar as eleccións ao Parlamento de Galicia que supoñen non so unha gran festa democrática, senón tamén a oportunidade de recuperar un goberno que se rixa pola eficacia na xestión e honestidade que tan ben representa o noso candidato Alberto Nuñez Feijóo.
Reivindican tamén, unha campaña elecctoral limpa, xusta con todos e sen apagós informativos, para que os valores que representa o Partido Popular, que é a forza política coa que se identifican a maioría dos galegos, poidan coñecelas e valoralas todo os lucenses.
Sábado, 21 de febreiro:
A carpa de Novas Xeracións estará na Praza do Seminario (Frente ó Parque Rosalía de Castro). Ademais de dar información sobre o programa do PP, aproveitarán os seus integrantes para repartir vasos, xeos e bolsas de lixo entre os mozos que participen no botellón do Parque de Rosalía de Castro.
Xoves, 26 de febreiro:
A carpa de Novas Xeracións estará na Praza Maior