Partido Popular de Lugo

BARREIRO LAMENTA QUE LAGO LAGE TENTE MAQUILLAR CUN OPTIMISMO FALTO DE RIGOR AS CONSECUENCIAS DA CRISE ECONÓMICA EN GALICIA

Lugo, a 2 de setembro de 2008.- O Presidente do Partido Popular de Lugo, José Manuel Barreiro, amosouse sorprendido pola “particular” interpretación que realizou o Secretario provincial dos socialistas Luis Angel Lago Lage sobre o efecto da crise económica en Galicia, que non dubidou en calificar de “pouco rigurosa”. 

“Mal se pode abordar a crise se non se principia por recoñecer a realidade e volta a empregarse o engano, como xa fixo o Presidente Zapatero, para enmascarar esa realidade”, indicou Barreiro, quen convidou ó secretario dos socialistas lucenses a que “lle diga ós pescadores, ós gandeiros, ós que teñen unha pequena empresa, ás familias con hipoteca… o ben que vai todo”. 

“Falar de fortaleza da economía galega con respecto á do resto do Estado amparándose nunhas décimas de diferencia é negar o evidente e tentar repetir en Galicia a estratexia seguida ata non hai moito por Zapatero”, engadiu indicou Barreiro, ó tempo que suliñou que o  “exceso de optimismo” do que fai gala Lago Lage contrasta co chamamento a apretarse o cinto realizada polo Presidente da Xunta ou a anunciada reducción da aportación do Estado ós orzamentos dos Concellos por parte do Ministro de Economía. 

Na opinión de Barreiro “Lago Lage contradice coa súa interpretación as valoracións de Touriño e Solbes e parece situarse máis na órbita de Gómez Besteiro, quen tamén fai oidos xordos á política de austeridade e contención do gasto coa adquisición dun novo coche oficial de superluxo por 106.000 euros mentres a Consellería de Presidencia, por exemplo, adicará á compra de catro novos vehículos de luxo 123.000”. 

O líder dos populares lucenses suliñou que “Galicia non é allea ás vacas fracas”. Neste senso lembrou que hai 3.120 parados máis con respecto a xullo, 12.000 máis se se toma coma referencia todo o 2008; que Galicia é a cuarta comunidade autónoma cos salarios máis baixos e onde máis subiron os prezos no pasado mes de xullo; que o emprego nos comercios minoristas experimentou a maior caida dende hai nove anos; que no que vai de ano as exportación reducíronse un cinco por cento e as importacións un 13 por cento, que as consecuencias da crise supuxeron que a inversión estranxeira en Galicia se desplomara en prento dun 54 por cento rn menos dun ano; que a venta de coches redúxose á metade con respecto a hai un ano…

“E neste contexto xeral, no que a situación de Lugo é aínda peor, non precisamos unha interpretación maquillada da realidade senón a adopción de medidas que nos axuden a superar o mellor posible a situación que estamos a vivir e o que queda ainda por vir”, indicou Barreiro, que entende que “a mengua” dos fondos para os concellos anunciada polo Ministro de Economía “é un malísima noticia que se sitúa, ademais, na dirección contraria á que debería”.

O Presidente dos populares lucenses suliñou a ese respecto que, tendo en conta “a gran presión” que están a soportar ós concellos pola súa condición de ser a administración máis próxima ós cidadáns e tamén a que presta unha gran cantidade de servicios directos, reducir de xeito drástico a aportación do Estado ós seus orzamentos “non é precisamente a medida máis axeitada para dinamizar a economía”. 

José Manuel Barreiro chamou a atención sobre a importante reducción de ingresos que para as economías locais está a supoñer o desplome da construcción coa drástica reducción de licencias de obra e que se suma as xa paulatinas menguas experimentadas por outros conceptos como a supresión dalgúns impostos como o IAE. “Reducir agora a financiación Estatal será un mazazo moi difícil de superar para todos os concellos en xeral e en especial para os máis pequenos”, engadiu.