Lugo, a 11 de agosto de 2008.- O Grupo provincial do Partido Popular critica a tardanza coa que se acometerán os traballos de desbroce das estradas de titularidade provincial.
Para os populares non é lóxico que estas tarefas se vaian a acomenter no mes de setembro cando prácticamente a época estival está a piques de rematar.
O normal, segundo o GPPP, sería que a limpeza de maleza das vías de titularidade provincial se iniciara a principios do verán para, deste xeito, ademáis de ter a punto o necesario acondicionamento das estradas, contribuir a reducir os riscos de incendio e, de producirse, minimizar as posibilidades de propagación.
Pero, segundo salientan os populares, é imposible acomenter estes traballos no tempo axeitado se cando terían que principiar, xa iniciado o mes de xuño, é cando os responsables da Deputación aproban as bases reguladoras e os proxectos técnicos para poder adxudicar estas tarefas.
Para o Partido Popular é necesario a realización destes desbroces pero insisten en que van a levarse a cabo fora do plazo recomendado para facelo. Este, segundo salientan, é un exemplo máis da parálise que está a sufrir a administración provincial e do proceder dos seus responsables políticos que anuncian con moita antelación o que van a facer pero, ó final, esas proclamas e previsións ou non chegan a materializarse ou, coma é o caso, execútanse tarde.