Partido Popular de Lugo

O PP DENUNCIA O PECHE DAS CITAS PARA CONSULTAS DE ESPECIALISTAS EN LUGO

Lugo, a 9 de agosto de 2008.– O Presidente do Partido Popular de Lugo criticou hoxe que o Sergas ten paralizadas as citas para acudir ás consultas de especialistas en aras de camuflar as xa de por si abultadas listas de espera.  

Para José Manuel Barreiro é inadmisible que un paciente que acuda a un centro sanitario a solicitar día e hora para ser atendido por un especialista esté a recibir a resposta de que as “axendas están pechadas” e que aínda por riba o emplacen a “intentalo de novo dentro dun mes e medio”. “Eso sí, despois de deixarlle claro que eso non significa que chegado ese momento poidan darlle xa unha data para a consulta, senón que daquela xa se verá se eso é posible”, engadiu. 

Para o líder popular é grave que o Goberno da Xunta non resolva o problema que supón a existencia de listas de espera, tanto para intervencións quirúrxicas como para a consulta de especialistas e incluso en atención primaria. Un problema que non é exclusivo dunha cidade ou dun centro sanitario específico, senón que é extensible a todo Servicio Galego de Saúde e a toda a comunidade autónoma. Tamén é grave que as versións dadas tanto polo Presidente da Xunta como pola Conselleira de Sanidade, sobre todo no que respecta ós datos aportados a requerimento dos populares, non se correspondan coa realidade nin, por suposto, coas promesas que a este respecto fixeron os socialistas. “Pero que se intenten manipular os tempos de demora co peche da axenda de consultas non só é gravísimo, é intolerable”, explicou Barreiro.   

O presidente popular lembrou que nos últimos meses o Partido Popular denunciou reiteradamente no Parlamento galego está situación e que incluso se presentaron diversas iniciativas a este respecto, encamiñadas fundamentalmente a desenmascarar a falsedade dos datos que se daban a coñecer. Neste senso, anunciou que os deputados autonómicos do Partido Popular lucense presentarán novas iniciativas que permitan esclarecer qué é o que está a pasar coas consultas de especialistas en Lugo e cal é o alcance concreto desta situación.