Partido Popular de Lugo

O PARTIDO POPULAR DE LUGO PRESENTA 10 PAQUETES DE MEDIDAS DIVIDIDAS EN ÁREAS RELACIONADAS COAS PRINCIPAIS PREOCUPACIÓNS DOS LUCENSES

Joaquín García Díez explicou o seu programa diante de 500 lucenses

Joaquín García Díez, acompañado pola súa candidatura, explicou o seu programa diante de 500 lucenses.

Xoves, 3 de maio de 2007.- O candidato do PP de Lugo, Joaquín García Díez presentou, en rolda de prensa, o contido do programa electoral que se divide en dez paquetes de medidas que se engloban nas áreas do Lugo das persoas, en circulación, verde, tecnolóxico, económico, xoven, activo, exterior, construcción e rural.

Co programa en man o candidato do PP dixo que afronta estas eleccións con responsabilidade e ilusión “eu quero un futuro digno para capital da provincia, coñezo as súas potencialidades e creo que están infravaloradas”.

Lugo das persoas.-
O Partido Popular porá en marcha un programa de adaptación de vivendas no que se subvencionará a colocación de ascensores en edificios nos que residan maiores ou persoas con dificultades de movilidade. Dentro do paquete de medidas para que os maiores podan permanecer en casa proponse desenvolver programas de asistencia a domicilio (comida, lavandería, acompañamento, reparacións…) que cubrirán tamén a fin de semana, así como programas de respiro para familiares coidadores.

Xa dentro das medidas relacionadas coa conciliación da vida familiar o Partido Popular comprométese a crear garderías en todos os barrios e tamén en núcleos comerciais e empresariais. Como medidas que afectan a economía doméstica anuncian aplicar deduccións no IBI e outras cargas impositivas, abonos para cultura e transportes para familias numerosas e monoparentais, maiores, xente moza e outros colectivos.

Lugo en circulación.-
O PP presenta un paquete de medidas que solucionan dun xeito conxunto os problemas de tráfico, aparcamento, espacios peonis, e transportes. A creación da concellalía de movilidade foi un dos primeiros compromisos adquiridos polo candidato. Este departamento será o encargado de coordinar todas as áreas implicadas na circulación.
Outra proposta do PP é a creación de espacios soterrados nas bolsas de suelo disponibles.

A potenciación do peón é outro dos retos do Partido Popular. Tendo en conta que o PP peonalizou 34 das 36 rúas que hai na cidade, o compromiso é continuar esta política na que o peón gaña espacio.

A remodelación das liñas de transporte público e os horarios, a posta en marcha dun servicio urbano nocturno en días específicos, e a creación dunha liña de intercambiadores na ronda da muralla para que ao casco urbano só accedan mircrobuses.

Con respecto á seguridade o PP propón a creación dunha Ordenanza municipal de convivencia e a loita firme contra o vandalismo. Outra proposta e a posta en marcha da policía de movilidade, a súa función será ordenar, sinalizar e dirixir o tráfico no casco urbano, se reservará aos axentes da autoridade para labores de policía judicial e seguridade cidadá.

Lugo verde.-
O PP comprométese a completar o cinto verde que rodea Lugo, tamén propón rehabilitar e promocionar os parques de Rosalía e a Milagrosa como lugares de interés turístico e poñer en marcha un proxecto progresivo de iluminación de zonas verdes.

A creación de embarcadeiros na beira do Miño para ofrecer paseos en barco e comunicar o rio mediante teleférico co Parque de Rosalía son medidas deste paquete no que tamén se propón executar unha política de aforro de auga e tratamento de residuos urbanos ás directrices europeas.

Lugo tecnolóxico.-
As novas tecnoloxías teñen un peso importante no programa así se destaca a iniciativa de desplegar redes sen fios (wi fi) tanto na cidade como na zona rural. Hai medidas específicas para facilitar a relación cos cidadáns , acceso electrónico 24 horas a servicios como padrón, consultas relativas a impostos, permisos …; tramitación real on line; o portal do cidadán, a sinatura electrónica.

Lugo xoven.-
O PP quere consensuar medidas que melloren a disciplina e o orden nos centros educativos procurando un clima favorable para o estudo. O centro da UNED no primeiro ano de mandato, impulsar o asociacionismo e a participación e a posta en marcha de planes de convivencia intergeneracional con persoas maiores que estean soas.

Lugo económico
Entre outras medidas o PP comprométese reducir nun 50%, no primeiro ano, o IBI e tributos locais para empresas de xóvenes menores de 35 anos. Tamén anuncia a creación dunha bolsa de locais valeiros para promocionar a creación de empresas e dun servicio especializado en facilitar a busca de emprego a tempo parcial ou de temporada para mozos e estudiantes así como unha bolsa-currículum de xente nova.

Con respecto ao pequeño comercio se apoiará o concepto de rúa comercial axudando a crear un comercio especializado e de calidade. Tamén se vai vixilar o cumprimento dos horarios comerciais establecidos legalmente.

Lugo activo.-

Dentro deste paquete de medidas se contemplan las relacionadas con espacios culturais, cultura do patrimonio, artistas locais, actividades nocturnas e as relativas ao deporte. Neste último apartado destaca a proposta de creación de becas para deportistas de élite, tamén se introduce a proposta de acondicionar en cada barrio instalacións polivalentes ao aire libre ou cubertas para práctica de distintas actividades deportivas.

Lugo exterior.-
A potenciación da muralla e do camiño de santiago e a recuperación do Foro de cidades de origen romano do noroeste peninsular encabezan este paquete de iniciativas.

Lugo construcción.-
O PP adquire o firme compromiso de redactar un novo PXOM que de solucións reais aos problemas dos lucenses. Tamén se contempla a tramitación da xestión do solo e a transparencia das licencias urbanísticas e publicar na web do concello ás 24 horas os convenios urbanísticos que se firmen.

Con respecto a rehabilitación e mellora de vivendas o PP reducirá nun 50% as licencias e tributos sobre obras domésticas menores. A creación dun fondo local de promoción da accesibilidad nutrido co 1% dos recursos do concello dedicados a obras e infraestructuras.

O candidato Popular comprométese a decidir o emplazamento das dotacións e infraestructuras de importancia para Lugo, como a estación do AVE, a estación de Autobuses, etc pola vía do consenso coa sociedade lucense e cos demáis grupos da Corporación Municipal, reflexando ditas ubicacións no novo Plan Xeral de Ordenación Urbana de Lugo.

Lugo rural.-
Bajar dun 4 a 1% dos custes da licencia de obra para as construccións ligadas a explotacións gandeiras e agrarias. Tamén proponse un equipo de asesoramento específico para a zona rural, para que as construccións agrícolas teñan criterios claros e así mellorar a tramitación das licencias. A mellora do saneamento, servicios sociais, sinalización … etc son outras medidas que contempla esta área.

O presidente provincial do PP e número 3 da candidatura de Lugo dixo que o PP está listo para gobernar a cidade

O presidente provincial do PP e número 3 da candidatura de Lugo dixo que o PP está listo para gobernar a cidade

UN CANDIDATO CON CAPACIDADE DE XESTIÓN
“Lugo merece un futuro mellor, e nós, os do Partido Popular estamos preparados para liderar o goberno ”, deste xeito José Manuel Barreiro iniciaba a súa intervención. O presidente Provincial e candidato á deputación presentou a Joaquín García Díez como un candidato con capacidade de xestión “o seu aval está amplamente demostrado. Cando foi alcalde tiña un proxecto para Lugo e que foi quen de poñelo en marcha. Deixou feito o parque do Miño, quedou firmado o convenio para construcción das travesías, quedaron os cartos, o proxecto e a ubicación para o novo auditorio, peatonalizou 34 das 36 rúas que son de uso peonil na cidade, a iluminación da catedral”.

“No Partido Popular sabemos adaptarnos aos novos tempos, non os que nos venden os socialistas, senon a un Lugo de futuro con xestores que solucionen os problemas reais, con equipos que sexan capaces de mellorar a calidade de vida nos barrios, e con xente de Lugo que defenda proxectos serios e cumplibles”.

O candidato á presidencia da Deputación Provincial e número tres da candidatura do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, explicou que o Partido Popular entende a política como “unha forma de traballar para a xente, escoitándoa e solucionando os problemas dos cidadáns” e contrapuxo esta forma de actuar coa doutros partidos “que se adican a vender fume ou a pasar a mao polo lombo ás persoas” e advertiu que “os pobos non viven diso, senón de proxectos que os permitan medrar e progresar”. Barreiro comentou que Lugo ten problemas concretos que necesitan solucións concretas e que “iso non se arregla só con palabras”.

O candidato á presidencia da Deputación puxo de manifesto que o Partido Popular conta en Lugo cun equipo de xente disposta a traballar por Lugo, “escoitando á xente e contando con todos”. Anunciou tamén que o PP ía facer unha campaña en positivo e pediu a colaboración a todos os afiliados para que fagan un esforzo e o transmitan a todo o seu entorno.

“É xa hora de ter en Lugo un Goberno municipal esperto. Agora é o momento de que Lugo teña un alcalde que responda ás súas espectativas, como Joaquín García Díez”. “A partir do 27 de maio, Lugo recuperará o ritmo perdido”.

PRENSA
PARTIDO POPULAR