Partido Popular de Lugo

EULOGIO FERNÁNDEZ SAMPAYO: “SEGUIRÉI SENDO UN ALCALDE QUE SE PREOCUPA POLO FUTURO DO SEU CONCELLO”

Fernández Sampayo presentou a súa candidatura coa asistencia de José Manuel Barreiro

Fernández Sampayo presentou a súa candidatura coa asistencia de José Manuel Barreiro

Martes, 1 de maio de 2007.- José Manuel Barreiro asistiu hoxe pola noite á presentación da candidatura do PP de Ferriera do Valadouro que encabeza o actual rexedor Eulogio Fernández Sampayo, quen concurre á reelección por sexta vez. O candidato popular dixo na presentación que se sinte moi ilusionado por seguir traballando polos veciños e anunciou que a súa misión nos vindeiros anos será a de seguir sendo “un alcalde que se preocupa polo desenvolvemento do seu concello”, afirmou.

Fernández Sampayo anuncia que sempre estivo ao servizo dos veciños para o que necesitaran e que esa política é a que hai que seguir no Valadouro. O candidato popular di que pensa seguir traballando na mesma liña, “escoitando a todos e contando con todos” e que quere facer unha campaña seria e sen descalificacións. Asi mesmo, lembrou que en vinte anos nunca cobrou sueldo por ser alcalde, tan só a asistencia a plenos e comisións e algunhas dietas, e anunciou que tanto el como os membros da súa candidatura seguirán practicando a misma política de austeridade.

No programa de Fernández Sampayo para as próximas eleccións cóntase “o remate das infraestructuras que xa están en marcha como o polígono industrial, e desenvolver novos proxectos de futuro como o Plan Xeral de Urbanismo, incrementar os servizos sociais ou mellorar os servizos no medio rural”. Fernández Sampayo tamén adiantou que próximamente se mellorará a estrada de Ferreira a Alfoz por San Acisclo “un tema que reclamamos dende o concello” comentou.

Pola súa banda, José Manuel Barreiro dixo que Fernández Sampayo é un político con credibilidade porque soubo traballar polos veciños e “demostrou con feitos que tiña un proxecto para O Valadouro, algo que non todos poden decir”, comentou Barreiro. A entrega de Eulogio Fernández Sampayo ao fronte do concello nestes anos é a clave que, segundo Barreiro, permite entender a transformación que viviu o municipio “algo que só é posible cando se ven á política a resolver os problemas da xente e non os propios problemas persoais”. O presidente provincial do PP de Lugo explicou que en Ferreira fíxose a mellor política posible que, a seu xuizo, é aquela “que da de comer aos pobos, non a que se adica a vender fume e buscar enfrontamentos entre os veciños”, explicou.

Barreiro criticou a política da actual Xunta de Galicia de querer desfacer todo o que se fixera durante os mandatos de Manuel Fraga, e dixo que o goberno bipartito carece dun proxecto de futuro para Galicia, “a única preocupación de Touriño e de Quintana é andar á carreira a ver cal dos dous sae antes na foto”. O presidente provincial reivindicou a importancia da política municipal por ser a máis próxima aos cidadáns e salientou a oportunidade que ofrecen as vindeiras eleccións para obligar aos gobernos de Galicia e de Madrid de rectificar seu actual rumbo político.

O candidato popular quere rematar novos proxectos no concello e poñer en marcha novas iniciativas

O candidato popular quere rematar novos proxectos no concello e poñer en marcha novas iniciativas

CANDIDATURA DO PP DE FERREIRA DO VALADOURO.-

1. Eulogio Fernández Sampayo
Ten 78 anos e é industrial xubilado.

2. Ana María Geada Losada
60 anos. Corresponsal de seguros e banca.

3. José Manuel Lamela Piñeiro
53 anos. Empregado empresa láctea.

4. María Jesús Hermida Galdo
34 anos. Empregada.

5. José Ramón Cao Hermida
72 anos. Agricultor xubilado.

6. Cesáreo Seara Balmayor
59 anos. Empresario da construcción.

7. Natalia Pernas Piñeiro
31 anos. Enxeñeiro Técnico Industrial.

8. Prudencio Cuba Cuba
45 anos. Empregado.

9. Ginés Cao Rivera
29 anos. Traballador da construcción.

10. Otilia Rodríguez Díaz
23 anos. Estudiante.

11. María Mar Yáñez Hermida
31 anos. Ama de casa.

SUPLENTES

1. Juan José García Pedreira
44 anos. Capataz.

2. María Luz Rodríguez Blanco
27 anos. Biólogo.

3. Pedro Rolle Alonso
52 anos. Empregado.

PRENSA
PARTIDO POPULAR