Partido Popular de Lugo

BARREIRO DÍ QUE BARCIA CONCURRE ÁS ELECCIÓNS COS DEBERES CUMPLIDOS

O presidente provincial asistiu á presentación da candidatura de José María Barcia para Burela

O presidente provincial asistiu en Burela á presentación da candidatura de José María Barcia.

Sábado, 24 de marzo de 2007.- O presidente provincial do Partido Popular, José Manuel Barreiro, acompañou este mediodía en Burela á presentación da candidatura coa que o actual rexidor, José María González Barcia, concurrirá ás eleccións municipais o vindeiro 27 de maio. Barreiro afirmou neste acto que “Burela está hoxe en moi boas mans e así debe seguir para que continúe progresando como fixo todos estes anos e acadando melloras e benestar para os veciños”. Trala presentación celebrouse un xantar nun restaurante da vila ao que asisitiron preto de 150 persoas, entre afiliados e simpatizantes.

Barreiro amosouse satisfeito por acompañar a Barcia en Burela, vila que puxo como exemplo de “traballo e de convivencia”, algo que, segundo o presidente provincial permite entender porque o PP goberna Burela prácticamente dende a súa creación como concello. “Esa é a filosofía do Partido Popular, estar coa xente traballadora que se esforza por mellorar día a día, escointándoa e axudándoa naquelo que necesite, non como outros que tan só recurren á descalificación e ao insulto porque non teñen argumentos”.

Nese senso, Barreiro afirmou que Barcia seguirá sendo un magnífico alcalde porque é “unha persoa con credibilidade que leva anos traballando por Burela e que chega a estas eleccións cos deberes cumplidos como candidato e como alcalde”. Barreiro tivo tamén palabras de agradecemento para o anterior rexidor Manuel Mon pola súa labor.

O presidente provincial confía en acadar un novo mandato para o Partido Popular en Burela. “Non dubido que Barcia vai acadar unha nova maioría absoluta, de feito estou máis confiado que o propio alcalde porque penso que vamos incrementar a maioría que xa temos” dixo Barreiro.

Asi mesmo explicou que, a diferenza doutras forzas políticas, “o PP é o único partido con capacidade para levar a cabo un proxecto en solitario, porque contamos cun equipo sólido, mentres que outros teñen que pactar, e ao final acaban enfrentados entre eles, como estamos a ver pola Mariña”, concluiu Barreiro.

Pola súa banda, o candidato popular e actual alcalde, José María González Barcia comezou agradecendo a Barreiro o seu labor por Burela na súa etapa como conselleiro na que “deixou resoltos problemas que outros dedicaronse a posponer” dixo Barcia. A continuación, referiuse á candidatura coa que concorre como un equipo de xente cualificada con perfís acordes a cada unha das áreas de goberno do concello, e representativo dos distintos sectores sociais e económicos da vila, “en definitiva, presentamos un equipo preparado e disposto para gobernar e xestionar”, explicou.

Neste senso, o rexidor adiantou que o obxectivo que persegue con esta candidatura é o de ampliar a maioría absoluta coa que conta actualmente. Para este fin, Barcia propón un programa -elaborado en base a consultas cos sectores máis representativos da vida local- dirixido a acadar unha Burela máis humana e con maior calidade de vida, e para facelo realidade promete aos bureleses “traballo, dedicación e esforzo”. Barcia fará unha campaña personalizada para explicar directamente aos electores o seu proxecto.

Relación e breve perfil da candidatura

1. José María González Barcia
Concorre por primeira vez como candidato á alcaldía de Burela. Casado e con un fillo, este burelés de 50 anos é mestre de profesión. En febreiro de 2005, tras ser elixido por aclamación presidente do PP local, accedeu á alcaldía de Burela en sustitución de Manuel Mon.

2.- Celia Laura Neira Lestao
29 anos. Empresaria. Licenciada en Admón e Dirección de Empresas

3.- Cristóbal Edrosa Fernández
43 anos. Mestre. Actual primeiro Teniente Alcalde

4.- Silvia Cociña Cabanas
33 anos. Mestra.

5.- Luis Miguel Pedre Díaz
31 anos. Licenciado e Graduado en Filoloxía Hispánica

6.- María Elisa Crego Oroza
29 anos. Mestra especialista en Educación Física.

7.- Pablo Pernas Chao
31 anos. Empresario.

8.- Manuel Fernández Vale
32 anos. Empresario. Enxeñeiro Técnico Naval.

9.- María Francisca Gil Santos
29 anos. Estudiante de Dereito

10.- Josefa Yáñez Cao
59 anos. ATS e Traballadora do Hospital da Costa.

11.- Ana Belén Cisneros Jiménez
33 anos. Empregada de hostelería.

12.- Óscar Gómez Riopedre
63 anos. Mariñeiro xubilado

13.- Alberto José Ramos Arda
53 anos. Ciruxano do Hospital da Costa.

SUPLENTES

1.- Manuela García Arnau
55 anos. Empresaria do sector pesqueiro.

2.- Jenaro González Debasa
43 anos. Traballador do Hospital da Costa.

3.- José Luis González Arnau
65 anos. Jubilado

PRENSA
PARTIDO POPULAR