Partido Popular de Lugo

O PP de Ribas do Sil di que o PSOE leva moito tempo anunciando «de balde» o PXOM

La Voz de Galicia (Quiroga). O candidato do PP á alcaldía de Ribas do Sil, José Blanco López, restou importancia ás afirmación do alcalde Miguel Sotuela sobre a suposta próxima aprobación do Plano Xeral de Ordenación Municipal. López di ter dúbidas acerca de que o PXOM poida estar ultimado en breve prazo e sinala que o goberno local socialista «leva moito tempo anunciando de balde a aprobación do plano».

Por outro lado, o candidato popular considera que aprobación do PXOM chegará tarde de todos modos. «O tempo perdido, que é moito, por desgraza xa non podemos recuperalo», afirma.

Blanco mencionou tamén a oferta de solo industrial no municipio, dicindo que «non se debe quedar só no papel hai que poñelo a andar adquirindo os terreos necesarios e o financiamento necesario dos órganos competentes no tema, para así poñelo a disposición dos nosos veciños ou dos foráneos que o necesitan».

Como xa fixera na presentación da súa candidatura, José Blanco manifestou o seu convencemento de que numerosos veciños tiveron que abandonar o municipio nos últimos anos para buscar traballo noutras localidades, unha circunstancia que atribúe en grande medida á carencia dun plano de ordenación.