Partido Popular de Lugo

DOUS MIL LUCENSES CONCENTRÁRONSE EN LUGO CONTRA O TRATO DE PRIVILEXIO OUTORGADO A DE JUANA

Venres, 9 de Marzo de 2007.- Dous mil lucenses acudiron este venres á convocatoria do Partido Popular e se concentraron ás oito da tarde diante do Concello de Lugo para amosar a súa repulsa pola decisión do Goberno de conceder a prisión atenuada ao etarra De Juana Chaos.  Á concentración asistiron o presidente provincial do Partido Popular de Lugo, José Manuel Barreiro, e mailo candidato á alcaldía Joaquín García Díez, e o voceiro municipal do grupo popular Jaime Castiñeira que desplegaron unha pancarte co lema “España por la libertad, no más cesiones a ETA”, flanqueada por dous grandes lazos azuis.

Acto seguido, Javier Varela Quintas, un ex policía autonómico vasco víctima dun atentado da banda terrorista ETA no ano 1995 e que reside actualmente na provincia de Lugo, deu lectura ao manifesto sobre a excarcelación do etarra De Juana Chaos e a política antiterrorista do goberno. Ao remate da concetración, o presidente do Partido Popular de Lugo, José Manuel Barreiro pediu que se gardara un minuto de silencio.

Os lucenses portaban pancartas contra a política antiterrorista do goberno socialista nas que se podía ler “De Juana a prisión, Zapatero dimisión” ou “No al chantaje de ETA” e corearon consignas como “No nos da la gana que liberen a De Juana” e outras de apoio a Rajoy como “Rajoy, amigo, España está contigo”.

As concentracións desenvolvéronse á mesma hora noutras vilas da provincia como Viveiro, Burela, Foz, Ribadeo, Monforte, Chantada,  Vilalba e  Sarria (praza pública La Unión), diante das respectivas casas do concello onde tamén se deu lectura ao manifesto.

Autobuses Madrid.-
O Partido Popular de Lugo pon a disposición de afiliados e simpatizantes autobuses para acudir á concentración deste sábado, 10 de marzo,  en Madrid. As persoas interesadas poden dirixirse a sede do partido en Ramón Montenegro, ou ben chamando ao teléfono 982 22 49 09.

PRENSA
PARTIDO POPULAR