Partido Popular de Lugo

O Goberno da Deputación oponse á iniciativa do PP de elaborar un código ético de boas prácticas para regular os contidos da web da Deputación

Lugo, 25 de abril de 2017.- O Goberno da Deputación oponse á iniciativa do PP de elaborar un código ético de boas prácticas para regular os contidos da web da Deputación. A través desta iniciativa, defendida pola deputada Mari Teijeiro, os populares avogaron pola creación de que este documento se faga en consenso con todos os grupos da oposición e propiciar así que esta páxina institucional “estea ao servizo dun partido político e blindar deste xeito a transparencia e a obxectividade, con independencia de quen goberne”. Por este motivo, os populares pediron, asemade, a “retirada urxente e inminente das novas que non teñen cabida nunha web institucional”, e que son máis dun cento.

 

Función pública e non partidista

Os populares consideran que as canles de comunicación que son sufragadas con recursos propios das administracións públicas, como é o caso da páxina web da Deputación de Lugo, “adquiren en parte ou totalmente a característica de medios públicos” e, polo tanto, deben cumprir, segundo precisan dende o Grupo Popular, “unha función de servizo público baseado en ofrecer unha información veraz, obxectiva e co único propósito de enriquecer o servizo que se lle presta aos cidadáns”.

 

“Esta web debe ter un uso para os veciños e non partidista. As canles de comunicación que son sufragadas con recursos públicos adquiren a característica de medios públicos, ofrecendo unha información veraz e obxectiva para enriquecer o servizo que presta á cidadanía”, insistiu Teijeiro.

 

Politización no tratamento informativo

Dende o Grupo Popular tachan a politización do tratamento informativo das noticias que se publican na páxina web de “indecente”, como así, precisan, “evidencian as novas publicadas nos últimos meses nas que se fai un uso descaradamente sesgado da información”. “Estanse a publicar de xeito continuo novas que atacan de forma directa ao partido maioritario da oposición cando cada partido xa conta coas súas canles propias para lanzar as súas mensaxes políticas”, precisan.

 

Transparencia regulada por lei

Dado que, “a transparencia está regulada por lei, que insiste na xestión transparente e honesta para alcanzar nas democracias consolidadas”, os populares defenden a web “como unha ferramenta valiosa cunha xestión profesional”. E é que “a politización do tratamento informativo é cando menos indecente e non está dentro do que debería ser dunha páxina institucional; e así o evidencias as últimas novas”. Por tanto, defenderon que “sería necesario unha normas consensuadas e os contidos sexan que realmente informen á cidadanía e non partidistas”.