Partido Popular de Lugo

Os deputados do PP manteñen unha xuntanza de traballo na Mariña, deslocalizando así as reunións de traballo poñendo en valor a provincia

Martes, 16 de abril de 2024. Os deputados do Grupo Provincial Popular seguen coa liña de xuntanzas periódicas de traballo ao longo da provincia e hoxe mantiveron unha reunión en Barreiros, dando continuidade á política de “deslocalizar” as xuntanzas de traballo e así valorizar a riqueza da provincia.

Nesta ocasións, os deputados populares tamén mantiveron encontros con alcaldes e voceiros dos municipios da zona para coñecer de primeira man as necesidades de cada municipio, así como para comprobar o estado das estradas provinciais na Mariña, que “deberían de estar en perfecto estado de revista” agora que se achega o verán, a época do ano na que máis turistas se achegan ata a costa de Lugo para disfrutar das súas praias e para coñecer a súa riqueza natural e patrimonial.

Dende o Grupo Provincial Popular indican que se seguirán a realizar estas xuntanzas por toda a xeografía lucenses demostrando así que se pode apostar polo trato igualitario na provincia.