Partido Popular de Lugo

O PP de Foz denuncia as inxerencias do equipo de goberno respecto a xestión das obras neste concello

Foz, 13 de marzo de 2024. O PP de Foz denuncia as inxerencias do equipo de goberno respecto á xestión das obras neste concello e máis concretamente na rúa Irmandiños, no barrio das “Casas Baratas, onde máis problemas está a haber producindo serias molestias aos veciños que, en todo caso, non se merecen.

O voceiro popular, Javier Jorge Castiñeira, lembra que “as obras na rúa Irmandiños comezaron en xaneiro de 2023, que xa non empezaron ben ao non informar aso veciños, que comezaron por partes e, sobre todo, que teñen unha discontinuidade enorme que ninguén entende”

“Parece que so hai obras cando hai eleccións, cando lle interesa ao equipo de goberno ou cando fai falta para o Entroido ou para as festas do Carme, senón as obras están paradas como ocorre actualmente”, lamenta Jorge Castiñeira. Os populares non entenden porque se paran unhas obras para as cales se destinan máis de 700.000 euros de fondos públicos, 200.000 euros do Concello, e non saben como se están a xestionar.

Tres aparcadoiros e un parque totalmente ocupados

O PP tamén denuncia que hai tres aparcadoiros municipais e un parque público totalmente ocupados por escombros, maquinaria e material das obras.

Concretamente, un aparcadoiro que afecta á rúa Irmandiños coa rúa Curros Enríquez que está totalmente ocupado desde que se fixeron as obras; outro aparcadoiro, nas cercanías do Campo de Fútbol Martínez Otero e cunha capicade para 150 vehículos, está totalmente saturado por acopio de escombros, maquinaria e material da mesma obra; un aparcadoiro na Praza de Trégastel está absolutamente cheo de escombros; e o “Parque Branco”, na Praza de Galicia, está ocupado por casetas de obra. “Independentemente da opinión que podamos ter sobre como está a quedar a humanización da rúa Irmandiños, é un auténtico despropósito a discontinuidade absoluta que está a ter esta obra e, polo tanto, reclamos ao equipo de goberno moita máis transparencia e axilidade e, sobre todo, que poña en servizo os aparcadoiros e o parque para todos os focenses”, remata o voceiro do PP de Foz.